19/7/07

Calendario laboral para o ano 2008 na Comunidade Autónoma de Galicia

Festivos locales publicados no DOGA Nº 211


Diario Oficial de Galicia
luns, 6 de agosto de 2007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog: 151
Páxina do Dog: 13.332
Data da Disposición: 19 de xullo de 2007
Sección: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo: CONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango: Decreto
Título: Decreto 152/2007, do 19 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2008 na Comunidade Autónoma de Galicia.



Decreto 152/2007, do 19 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2008 na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, determinan o calendario de festas laborais de ámbito estatal, de carácter retribuído e non recuperable. Respecto dalgunhas das festas de ámbito estatal, as comunidades autónomas teñen facultades de opción ou substitución por outras que por tradición lles sexan propias.

Facendo uso destas facultades, na nosa comunidade autónoma, e ao coincidir en domingo o 6 de xaneiro, Día de Reis, e o 12 de outubro, Día da Hispanidade, considérase oportuno substituír o descanso laboral correspondente ás devanditas festividades incorporando á relación de festas da nosa comunidade autónoma, para o ano 2008, o 19 de marzo, San Xosé, e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, que pola súa significación xa foron implantadas como festas laborais noutras ocasións, seguindo, deste xeito, o criterio de festas laborais para conmemorar todo o que forma parte da nosa tradición, historia e cultura.

En virtude do establecido na Constitución española e no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia, asumidas e asignadas polo Decreto 117/1982, do 5 de outubro, oído O Consello Galego de Relacións Laborais, por proposta do conselleiro de Traballo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, levada a cabo na súa reunión do día dezanove de xullo de dous mil sete,

DISPOÑO
Artigo 1º
Conforme o establecido no artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, modificado polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, de non se producir modificación no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, serán as seguintes:

-1 de xaneiro: Aninovo.
-19 de marzo: San Xosé.
-20 de marzo: Xoves Santo.
-21 de marzo: Venres Santo.
-1 de maio: Festa do Traballo.
-17 de maio: Día das Letras Galegas.
-25 de xullo: Santiago Apóstolo. Día Nacional de Galicia.
-15 de agosto: Asunción.
-1 de novembro: Todos os Santos.
-6 de decembro: Día da Constitución.
-8 de decembro: Inmaculada.
-25 de decembro: Nadal.
As festas mencionadas terán carácter retribuído e non recuperable.
Artigo 2º
Conforme o disposto no artigo 37.2º do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, que serán determinadas polo delegado da Consellería de Traballo en cada unha das provincias da comunidade autónoma, por proposta do Pleno dos respectivos concellos, e se publicarán nos boletíns oficiais de cada provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3º
De acordo co que dispón o artigo 48.7º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as festas laborais sinaladas no artigo 1º terán o carácter de días inhábiles para os efectos do cómputo de prazos.

Disposición derradeira
Este decreto producirá efectos desde o día un de xaneiro do ano dous mil oito.
Santiago de Compostela, dezanove de xullo de dous mil sete.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
Ricardo Jacinto Varela Sánchez
Conselleiro de Traballo

© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdoga @xunta.es


Ler máis...

12/7/07

Comite Seguridad y Salud

Acorde á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, e tras a solicitude expresa dun asesor do sindicato UGT, ás actas expostas neste blog, ocultáronselle os nomes, apelidos e sinaturas dos asistentes ás xuntanzas.







Ler máis...