31/8/07

NOTA DE PRENSA TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE TRAGSEGA, S.A. (SANIDAD ANIMAL Y SERVICIOS GANADEROS)

NOTA DE PRENSA TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE TRAGSEGA, S.A. (SANIDAD ANIMAL Y SERVICIOS GANADEROS)



Santiago de Compostela, a 30 de agosto de 2007



Os/as delegados/as de persoal das tres seccións sindicais (CCOO, CIG, UXT) representadas na empresa TRAGSEGA, S.A. en Galicia, despois de manter unha xuntanza co Secretario Xeral da Consellería de Medio Rural, Alberte Souto, reiteran a súa preocupación polo incerteza do futuro dos seus postos de traballo.


Segunda parte do texto

Alberte Souto confirmou aos delegados e delegadas de Tragsega, a intención da Consellería do Medio Rural de que os traballos relacionados coa certificación de aptitude para o sacrificio dos animais e co Centro de Información ó Agro Galego (CIAG), a partir de xaneiro de 2008, serán realizados pola empresa pública autonómica SEAGA, S.A., en vez de encargarlle estes traballos a Tragsega, como se viña facendo nos últimos seis anos.


Ante a pregunta concreta dos representantes sindicais acerca do futuro inmediato de todos os traballadores e traballadoras de Tragsega, o Secretario Xeral non deu unha resposta concisa, senón que empraza aos delegados e delegadas de persoal sindicais a unha nova xuntanza, a partir da segunda quincena de setembro, momento no que a Consellería de Medio Rural tomará todas as decisións e xestións oportunas ao respecto.


Ante esta situación preocupante para un colectivo de case 400 traballadores/as, os delegados/as de persoal só lle solicitan á Consellería de Medio Rural o mantemento dos seus postos de traballo, cos mesmos dereitos laborais, sexa cal sexa a empresa pública á que se lle encarguen os traballos relacionados coa súa actividade.





Segunda parte do texto

Ler máis...

RESUMO DA REUNIÓN DOS DELEGADOS E DELEGADOS DE PERSOAL DE TODAS AS SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA

RESUMO DA REUNIÓN DOS DELEGADOS E DELEGADOS DE PERSOAL DE TODAS AS SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA



Ás 15 horas do 30 de agosto de 2007 xuntámonos todos os Delegados e Delegadas das distintas seccións sindicais para analizar a xuntanza mantida coa Consellería do Medio Rural.


Todos coincidimos na necesidade de seguir mantendo a postura de unidade que vimos mantendo ata agora para poder obter algún resultado positivo. Ningún de nós quedou tranquilo coas palabras de Alberte Souto (Secretario Xeral) pero o certo é que deixou a porta aberta para un posible diálogo máis adiante (a partir do 15 de setembro) cando teñan máis datos.


Ante esta situación, proponse a realización dunha Asemblea de todos os traballadores de TRAGSEGA Galicia para falar das posibles mobilizacións que se poderían realizar no caso de que non se fixera esa segunda convocatoria de setembro, tan esperada por todos.


Os medios de comunicación serán convocados para que deixen constancia de cántos traballadores e traballadoras nos podemos ver afectados polas decisións da Consellería de Medio Rural e para que lembren que non nos tranquilizaron as súas palabras e que seguimos moi preocupados polo noso futuro laboral.

Ler máis...

30/8/07

XUNTANZA ENTRE AS TRES SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA GALICIA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XUNTANZA ENTRE AS TRES SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA GALICIA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL




O 30 de agosto de 2007 tivemos unha reunión con Alberte Souto, Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural, todas as seccións sindicais de TRAGSEGA (CIG, CCOO e UXT).


Alberte Souto falounos de lexislación, de garantías sanitarias, de seguridade agroalimentaria e de SEAGA, S.A..Todo isto vai a implicar un cambio na súa folla de ruta, que evidentemente vai producir un impacto que deben de estudar e avaliar. A Consellería deixou claro a súa postura, aberta ao diálogo cos traballadores e traballadoras de Tragsega.


Os delegados e delegadas de persoal das distintas seccións sindicais fixémoslle todo tipo de preguntas sobre os nosos postos de traballo (con diferentes categorías profesionais, relacións contractuais e situación a partir do 30 de setembro) pero as respostas non foron concretas, en ningún dos termos cuestionados. Alberte Souto dixo que estaban en espera de obter datos por parte de Tragsega para poder analizar a situación. Afirmou tamén que non estaban a negociar con ninguén e que actualmente están tendo contactos con todos os colectivos relacionados co tema, aínda que “con uns máis que cos outros”.


O único compromiso que adquiriu nesta xuntanza é o de volver a convocarnos a partir do 15 de setembro a outra reunión na que xa pode ter analizada a situación (nada decidido irrevogablemente) e se poida falar do posible impacto que pode producir os cambios que poida ter pensado realizar a Consellería.

Ler máis...

Nova no xornal "El País" (30/08/07)

Temor sindical por los puestos de 271 veterinarios de Tragsa

Ler máis...

29/8/07

XUNTANZA DOS DELEGADOS E DELEGADAS DA SECCIÓN SINDICAL CIG COA DELEGADA AURONÓMICA DO GRUPO TRAGSA: Mª LUISA GRAÑA BARCIA

XUNTANZA DOS DELEGADOS E DELEGADAS DA SECCIÓN SINDICAL CIG COA DELEGADA AURONÓMICA DO GRUPO TRAGSA: Mª LUISA GRAÑA BARCIA




O día 29 de agosto de 2007, Mª Luísa Graña confirma unha vez máis a decisión da Consellería de Medio Rural de non contar con TRAGSEGA para os Encargo de Certificación e CIAG no próximo ano 2008. Estes traballos pasará a facelos a empresa publica de carácter autonómico SEAGA. Ante a pregunta de qué vai pasar cos traballadores e traballadores da nosa empresa,... a resposta non foi nada concreta. A Consellería quere realizar o servizo veterinarios con outros colectivos, co persoal procedente de Sentencias do Tribunal Constitucional e cos Identificadores.


No mes de xuño de 2007 houbo unha reunión da Dirección do grupo TRAGSA, cos Secretarios Xerais das Consellerías coas que teñen unha relacións contractuais (Pesca, Medio Ambiente e Medio Rural) e se lle propón a incorporación de cláusulas de subrogación nos pregos dos Encargos. A resposta obtida foi favorable por parte de todas as Consellerías. Tendo isto en conta, é máis difícil de entender que agora a Consellería non fale da totalidade dos traballadores e traballadoras de Tragsega cando fala dos Encargos de Certificación e CIAG.


Actualmente, o único que solicitou a Consellería de Medio Rural da Empresa foi unha estatística por antigüidade dos traballadores. A día 29/08/07, a Delegada confirma que o número de traballadores afectados rolda os 120-140.


A Empresa entende que os traballadores contratos por Tragsega deberían ir relacionados coas Actividade e cos Encargos, e desde esa perspectiva van seguir traballando e negociando coa Consellería. Mostran a súa preocupación pola nosa situación e confían en que todo esta problemática aínda teña unha solución. Acordan con nós que chegado o caso, as negociacións deberían ser entre a Administración, a Empresa e os Traballadores e Traballadoras de Tragsega.

Ler máis...

28/8/07

CONFIRMACIÓN DE XUNTANZA COA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

A Consellería de Medio Rural convocou telefonicamente, hoxe -martes 28 de agosto-, aos/ás delegados/as de persoal de Tragsega para o xoves 30 de agosto ás 13 horas na sala de xuntas desta Consellería, para manter a agardada xuntanza solicitada.

Na tarde do xoves 30, os comités provinciais de A Coruña, Lugo e Pontevedra convocan aos traballadores e traballadoras de Tragsega a Asambleas, nos seguintes lugares e horarios:

SANTIAGO DE COMPOSTELA. Centro Empresarial do Polígono do Tambre, 18.00 horas.
LUGO. Salón de actos do Edificio de Sindicatos na Ronda da Muralla 58, 19.00 horas.
PONTEVEDRA. Colexio de veterinarios, C/ Echegaray, 10-2º esquerda, 18.30 horas.

Ler máis...

27/8/07

Solicitude de Xuntanza con Medio Rural

Estimados compañeiros e compañeiras,

Comunicámosvos as últimas novas, respecto da evolución das últimas solicitudes de negociacións.
O día 13 de agosto, as tres seccións sindicais de Tragsega (CIG, CCOO e UGT) solicitaron unha reunión co Conselleiro de Medio Rural (Alfredo Suárez Canal) para o día 23 de agosto para solicitar confirmación das novas sobre SEAGA. O mércores 22 de agosto, os responsables das tres seccións sindicais recibiron unha chamada telefónica para informarlles de que os responsables da Consellería non os podían recibir por problemas de axenda e que durante a semana do 27 de agosto recibirían outra chamada para ser convocados á xuntanza solicitada. De momento os delegados sindicais non teñen convocatoria confirmada.


Sen máis, agradecervos de antemán a vosa atención e seguiremos informándovos.

Ler máis...

10/8/07

NOTA DE PRENSA TRAGSEGA, S.A,




As seccións sindicais CIG, CCOO e UGT da empresa TRAGSEGA, S.A. (Sanidad Animal y Servicios Ganaderos, S.A.), empresa filial do GRUPO TRAGSA e na que actualmente están empregados cerca de 400 traballadores e traballadoras, pola presente, quere denunciar as actuacións que actualmente está a realizar a Consellería do Medio Rural, da Xunta de Galicia, coa creación e provisión de empregados da empresa SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.), para asumir proxectos que dende hai seis anos levan realizando os empregados e empregadas de TRAGSEGA e aos que agora, a Consellería pretende ignorar.


TRAGSEGA, S.A., empresa pública de ámbito estatal, por medio dos seus veterinarios, persoal técnico e administrativo vén realizando en Galicia desde o ano 2002, con calidade contrastada, obrigatorias labores para o fomento da
sanidade animal e a prevención de enfermidades do gando galego.


A pesar da eficiencia, a calidade, a experiencia coñecida e os dereitos laborais adquiridos polos traballadores e traballadoras de TRAGSEGA, a Consellería do Medio Rural, vén de crear outra empresa pública galega ao servizo da Administración, con igual obxecto social que as empresas que conforman o GRUPO TRAGSA: TRAGSA, TRAGSEGA e TRAGSATEC
.




No primeiro trimestre
deste ano 2007, SEAGA comezou a realizar procesos de selección de persoal, para a provisión de persoal eventual e fixo de varios ámbitos profesionais para a coordinación e desenvolvementos dos traballos de prevención e extinción dos lumes forestais , e a continuación pretende integrar todos os proxectos de gandería que actualmente realizan os traballadores e traballadoras de Tragsega.


A Consellería de Medio Rural acaba de confirmar a retirada da encomenda da realización de varias actividades de servizos gandeiros a TRAGSEGA, para pasar a ser SEAGA quen realice tales ENCARGOS, sen mencionar cal vai ser o futuro do total do persoal, tanto do indefinido como do eventual.


Durante seis anos empregados e empregadas de TRAGSEGA foron contratados para realizar uns traballos solicitados directamente pola Administración. Actualmente non poderán volver ser contratados por TRAGSEGA posto que xa non será esta empresa pública senón a outra, sen ningunha experiencia no campo dos servizos gandeiros: SEAGA, a que pasará a asumir eses traballos. É sabido que a día de hoxe Medio Rural mantén relación directa con outros colectivos para negociar a forma de incorporarse a SEAGA, pero en ningún momento houbo ningún tipo de información aos representantes dos traballadores e traballadoras de Tragsega, a pesar de coñecer a preocupación e situación laboral, deste colectivo desde hai meses.


Todo o persoal de TRAGSEGA esixe información e responsabilidades por parte da Consellería do Medio Rural acerca das súas pretensións con SEAGA, e do futuro dos postos de traballo dos empregados e empregadas experimentados de TRAGSEGA, que neste momento non lles pode asegurar ningún posto de traballo sen o compromiso da propia Consellería, e do que se deriva unha situación laboral de indefensión total.


O traspaso destes traballos relacionados coas actividades veterinarias, desde TRAGSEGA a SEAGA está a facerse de costas aos comités de empresa e sen ter en conta a experiencia e relacións contractuais dos traballadores e traballadoras con TRAGSEGA.


Así pois, os empregados e empregadas de TRAGSEGA, por medio da súa representación das SECCIÓNS SINDICAIS da CIG, CCOO e UGT, denuncia estas inxustizas laborais, solicitan da Consellería de Medio Rural, explicacións inmediatas ao respecto, e negociación das formas na que está a facer o transvase de encomendas dunha empresa pública experta á outra creada para eliminar a esta primeira.







Ler máis...