12/9/08

REUNIÓN DO 10/9/08 DO ACUERDO MARCO

Asínase a acta da reunión anterior do Acuerdo Marco do 29 de Xullo.

A Representación da Dirección da Empresa reiterase na postura de non tratar neste Acuerdo Marco os temas de Clasificación Laboral nin Retribucións.
Recordan que dende o inicio destas negociacións avisaron de que non podían tratar as retribucións sen permiso da SEPI e da Comisión delegada para asuntos económicos. Se falaramos deste punto, estaríamos negociando un Convenio Colectivo, non un "Acuerdo Marco".

A Representación dos Traballadores considera imprescindible falar de categorías específicas de Tragsega non recollidas no Convenio Colectivo de Enxenerías, e negociar as compensacións que a Empresa ofrece aos traballadores sen pactar antes cos sindicatos, como é o caso das ofrecidas en Galicia para realizar o Plan de Control da Vacinación de Lingual azul.
Se a Empresa non quere tratar estes puntos neste foro a Representación dos Traballadores (R.T.), asegura que os levará ao Foro que sexa.
A negativa da Empresa a tratar estes temas vulnera a Representatividade e se fai falta se levará aos Tribunais.
A Representación da Direción da Empresa (R.D.)asegura que a R.T. está no seu Dereito a realizar as xestións que estime necesarias.
A R.D. considera oportuno negociar estas compensacións e regulalas e tamén incluir as categorías específicas de Tragsega non recollidas no Convenio de Enxenerías e asimilalas aos niveis existentes.
A R.T. se compromete a presentar a Empresa unha proposta unificada de todos os sindicatos.

A R.D. se compromete a estudiala e o día da seguinte reunión da data 18 de setembro mañán e tarde se dará por finalizado este tema e lembra que non se cambiará nada das retribucións xa que estamos en época de crise e non é momento de facer variacións que impliquen gastos.

A R.T. non considera que estean actualizados os datos económicos do 2008 presentados pola empresa, xa que non se recollen proxectos actuais coma a Lingua Azul, e Auxiliar de matadoiro en Galicia. Nestes datos asguran que perderon 17 millóns de euros nos últimos 3 anos. Nós informamos que no 2008 teñen uns beneficios de máis de 100 millóns de euros.

A R.T. plantea á empresa dar compensacións: FACELOS INDEFINIDOS, aos eventuais que leven anos, no caso de Galicia, se lle insta a facer máis fixos para que non deixen a Empresa e se vaian a Seaga, ao que responde que dados os datos económicos e coa posibilidade en anos futuros de perder a campaña de saneamento, non se poden facer máis contratos indefinidos, xa que non existen cláusulas de subrogación nos Encargos da Consellería e a Empresa tería que reubicar a todo o personal indefinido, en caso de perder o proxecto.


La R.T. recorda a situación da campaña da vacinación da Lingua Azul en Galicia, e os excesos nas xornadas laborais. A empresa asegura que é unha cousa excepcional e que as xornadas son de 40 h. e se compensarán as horas excedentes, e tamén lembra que as hora extraordinarias son voluntarias e os traballadores son libres de aceptarlas ou non.
No caso de non conseguir acadar os obxectivos co Cliente habería a posibilidade de desplazarse veterinarios de outras comunidades para acabar a campaña de vacinación.

Ler máis...

Medio Rural incumpre, O noso traballo está no aire

Ao longo do mes de agosto, despois de coñecer que o persoal contratado como Identificador por SEAGA realizaría o traballo das certificacións, estivemos en contacto permanente con Medio Rural, mantendo varias reunións con responsables da Xunta.


Como medida para defender os nosos postos de traballo presentamos recurso ante a decisión de SEAGA. Entendemos que están contratando persoal para certificacións sen abrir o perfil i en contra do acordado coa representación sindical de TRAGSEGA.


Por parte da Consellería argumentouse que a campaña de certificación está no aire, sen que se coñeza a súa duración, polo que foi encomendada a SEAGA. Tamén que como contrapartida TRAGSEGA levaría a campaña da lingua azul.


Insistiron que calquera medida a medio prazo que poda tomarse, que afecte ao persoal de TRAGSEGA, se realizaría tendo en conta a representación sindical. Algo que non fixeron co CIAG nin coas certificacións.


Pero é mais, polas bases coñecemos que entre as funcións que terán os identificadores contratados por SEAGA figura a seroloxía dos animais obxeto de movementos pecuarios.


SEAGA vai collendo corpo e xa conta cun cada día maior núcleo de veterinarios si finalmente se crean os veterinarios de territorio, que pasará co persoal de TRAGSEGA?. A palabra da Consellería de Medio Rural é papel mollado.


Chegados a este punto semella claro que Medio Rural incumpriu os compromisos adquiridos: certificación, o CIAG e parte do proxecto do Plan de Control de vacinación da Lingua Azul realizase en SEAGA. Polo que debemos preocuparnos seriamente polo noso futuro.


Moitos compañeiros e compañeiras están apostando por SEAGA deixando os seus postos de traballo en TRAGSEGA. Cada día perdemos forza mentres Medio Rural continúa dando pasos sen asumir un compromiso de recolocación, subrogación ou como lle queiran chamar.


En definitiva debemos fiarnos da palabra de Medio Rural, ou valorar os seus feitos?

Ler máis...

7/9/08

CIG INFORMA

Na primeira semá da campaña de vacinacion contra a lingua azul do gando vacún, ovino e cabrún, levada a cabo pola empresta Tragsega a CIG presentou o día 5 de setembro, unha denuncia a Inspeción de traballo para que investigue os accidentes laborais ocurridos durante os 4 primeiros días da campaña de vacinación e polas excesivas xornadas laborais.

Ler máis...