Mostrando entradas con la etiqueta Mobilizacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mobilizacións. Mostrar todas las entradas

27/2/08

DESPREGUE DE PANCARTAS EN OURENSE

O martes 26 de febreiro de 2008, o colectivo de veterinarios/as en situación de desemprego desplazáronse ata Santa Cruz de Arrabaldo, para achegar as súas protestas ao coloquio-almorzo que organizou o Foro da Nova Economía, no que participaron o Presidente da Xunta e a Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentacións (ambas organismos institucionais posúen participación accionista no Grupo Tragsa)

Despregamos as pancartas á chegada da Ministra, e o portavoz dos veterinarios/as eventuais: Jaime Ríos achegouse a falar con Elena Espinosa para explicarlle a situación e entregarlle 3.500 sinaturas de apoio a este colectivo. Tamén se entregou información aos Medios interesados.
A Ministra tiña datos do tema pero bastantes sesgados, aínda que asegurou que estudaría a situación. Ademais, tivo que contestar a unha pregunta no coloquio dalgún xornalista que se interesou polas persoas que recibimos ás autoridades "vestidos de verde", ao que respondeu que se trataba dun colectivo de traballadores eventuais aos que se lles ofrecera traballo noutras Comunidades Autónomas.


Ler máis...

12/2/08

NOVAS MOBILIZACIÓNS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA



Ante a reafirmación da Dirección da Empresa de que non subscribirá ningún contrato en 2008 que por Lei teña que ser indefinido, o luns día 11 de febreiro houbo unha nova concentración de traballadores/as de Tragsega, na que se comezou unha campaña informativa de sensibilización da sociedade civil.
Repartíronse uns 1.000 panfletos que explicaban a nosa situación laboral e falouse coa xente que se mostrou interesada en coñecer a nosa problemática laboral.

A próxima cita será o día 26 de febreiro, ás 12.00 horas, tamén a Praza Roxa onde se instalará unha mesa para recollida de sinaturas de apoio ás nosas reivindicacións.

Ler máis...

29/1/08

MOBILIZACIÓNS EN SANTIAGO


O martes 29 de xaneiro houbo unha nova concentración diante das instalacións do Grupo Tragsa do persoal eventual de Tragsega das provincias de Coruña e Pontevedra, para lembrar á Dirección da Empresa que o persoal quere "saír da neveira" e volver a traballar como viña facendo anualmente.
Seguimos as mobilizacións para manifestar a nosa desconformidade ante a política de contratación de Tragsega e a súa postura de burla á lexislación laboral e insensibilidade ante a situación que están a vivir actualmente os nosos compañeiros e compañeiras.

A vindeira concentración terá lugar o luns 11 de febreiro, a partir das 12h00 na Praza Roxa de Santiago de Compostela, onde se instalará unha mesa para recollida de sinaturas de apoio ás nosas reivindicacións e na que se comezará unha campaña informativa de sensibilización da sociedade civil.

Ler máis...

25/1/08

ASAMBLEA DE TRABALLADORES DE LUGO

Convócase a todos os compañeiros e compañeiras (veterinarios/as, persoal administrativo, de laboratorio, de gravación... tanto indefinidos/as coma eventuais) a unha asemblea conxunta o vindeiro martes día 29 de xaneiro ás 19 horas, no Edificio de Sindicatos da Ronda da Muralla de Lugo.

Os temas a tratar son moi importantes de cara ao futuro do traballo de todos e todas, polo cal consideramos que é moi importante a vosa asistencia.

Ler máis...

22/1/08

MOBILIZACIÓN ANTE O PRESIDENTE DA XUNTA DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE TRAGSEGA


Os traballadores e traballadoras de Tragsega manifestáronse diante do Círculo das artes en Lugo pedindo unha solución ante a situación actual de inestabilidade laboral.




Ademais achegaronlle ao Presidente da Xunta de Galicia, e ao Conselleiro de Traballo unha carta asinada polo persoal eventual de Tragsega en Lugo, na que se fala da situación actual de indefensión laboral na que os deixou TRAGSEGA.

O Presidente e o Conselleiro de Traballo manifestaron o seu interese pola situación e dixeron que falarian tamén coa Consellería de Medio Rural para estudar o caso.

A nova na Voz de Galicia e no Correo Gallego

Tamén deuse nas dependencias da CIG en Lugo, unha rolda de prensa na que falou persoal eventual, e na que aparte de Localia TV, estiveron varias emisoras de radio (SER, COPE, RNE....) sendo difundidas as entrevistas en toda Galicia.

Ler máis...

MOBILIZACIÓNS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


Os comités provinciais de Tragsega en A Coruña e Pontevedra, comezan as mobilizacións con traballadores e traballadoras eventuais manifestando o seu malestar ante a actual vulneración dos seus dereitos laborais. Concentráronse o luns 21/01/08 a partir das 10h00 diante das instalacións do Grupo Tragsa en Santiago de Compostela, no Polígono do Tambre (Vía Pasteur, nº 29-31), solicitando unha solución para o persoal afectado.

A semana que vén, o martes 29/01 convócase outra concentración no mesmo lugar ás 12 horas.

Ler máis...

14/1/08

MOBILIZACIÓNS NA PROVINCIA DE CORUÑA

O comité provincial de Tragsega A Coruña, na súa reunión mantida o xoves día 10 de xaneiro, acorda comezar as mobilizacións con traballadores e traballadoras eventuais para manifestar o seu malestar ante a actual vulneración dos seus dereitos laborais.

A convocatoria é o luns día 21 de xaneiro ás 10h00 diante das instalacións do Grupo Tragsa en Santiago de Compostela, no Polígono do Tambre (Vía Pasteur, nº 29-31).

Agardamos a vosa asistencia e o voso apoio.

Ler máis...

9/1/08

CONTINÚAN AS MOBILIZACIÓNS DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE TRAGSEGA EN LUGO




Nova concentración dos traballadores e traballadoras de Tragsega Lugo fronte ao Edificio Administrativo da Xunta (Lugo) por mor da burla da empresa ante a Lei 05/2006 de estabilidade laboral.

As concentracións repetiranse en adiante todas as semanas os mércores, ademais de facer outras iniciativas de protesta como a recollida de firmas.

Ler máis...

2/1/08

COMEZAN AS MOBILIZACIÓNS NA PROVINCIA DE LUGO

Concentración dos traballadores e traballadoras de Tragsega Lugo fronte ao Edificio Administrativo da Xunta (Lugo), e do persoal afectado que non foi contratado en xaneiro de 2008 para burlar a Lei 5/2006 e non facelos indefinidos, pedindo unha solución para estes.



Suso Ares e Xaime Ríos presidindo a Asemblea de persoal eventual que todos os anos era contratado nestas datas pola empresa Tragsega para realizar a campaña de Saneamiento e que para burlar a Lei 5/2006 e non facerlles contratos indefinidos, quedaron fóra da contratación anual.

Ler máis...