29/8/07

XUNTANZA DOS DELEGADOS E DELEGADAS DA SECCIÓN SINDICAL CIG COA DELEGADA AURONÓMICA DO GRUPO TRAGSA: Mª LUISA GRAÑA BARCIA

XUNTANZA DOS DELEGADOS E DELEGADAS DA SECCIÓN SINDICAL CIG COA DELEGADA AURONÓMICA DO GRUPO TRAGSA: Mª LUISA GRAÑA BARCIA




O día 29 de agosto de 2007, Mª Luísa Graña confirma unha vez máis a decisión da Consellería de Medio Rural de non contar con TRAGSEGA para os Encargo de Certificación e CIAG no próximo ano 2008. Estes traballos pasará a facelos a empresa publica de carácter autonómico SEAGA. Ante a pregunta de qué vai pasar cos traballadores e traballadores da nosa empresa,... a resposta non foi nada concreta. A Consellería quere realizar o servizo veterinarios con outros colectivos, co persoal procedente de Sentencias do Tribunal Constitucional e cos Identificadores.


No mes de xuño de 2007 houbo unha reunión da Dirección do grupo TRAGSA, cos Secretarios Xerais das Consellerías coas que teñen unha relacións contractuais (Pesca, Medio Ambiente e Medio Rural) e se lle propón a incorporación de cláusulas de subrogación nos pregos dos Encargos. A resposta obtida foi favorable por parte de todas as Consellerías. Tendo isto en conta, é máis difícil de entender que agora a Consellería non fale da totalidade dos traballadores e traballadoras de Tragsega cando fala dos Encargos de Certificación e CIAG.


Actualmente, o único que solicitou a Consellería de Medio Rural da Empresa foi unha estatística por antigüidade dos traballadores. A día 29/08/07, a Delegada confirma que o número de traballadores afectados rolda os 120-140.


A Empresa entende que os traballadores contratos por Tragsega deberían ir relacionados coas Actividade e cos Encargos, e desde esa perspectiva van seguir traballando e negociando coa Consellería. Mostran a súa preocupación pola nosa situación e confían en que todo esta problemática aínda teña unha solución. Acordan con nós que chegado o caso, as negociacións deberían ser entre a Administración, a Empresa e os Traballadores e Traballadoras de Tragsega.

Ler máis...

28/8/07

CONFIRMACIÓN DE XUNTANZA COA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

A Consellería de Medio Rural convocou telefonicamente, hoxe -martes 28 de agosto-, aos/ás delegados/as de persoal de Tragsega para o xoves 30 de agosto ás 13 horas na sala de xuntas desta Consellería, para manter a agardada xuntanza solicitada.

Na tarde do xoves 30, os comités provinciais de A Coruña, Lugo e Pontevedra convocan aos traballadores e traballadoras de Tragsega a Asambleas, nos seguintes lugares e horarios:

SANTIAGO DE COMPOSTELA. Centro Empresarial do Polígono do Tambre, 18.00 horas.
LUGO. Salón de actos do Edificio de Sindicatos na Ronda da Muralla 58, 19.00 horas.
PONTEVEDRA. Colexio de veterinarios, C/ Echegaray, 10-2º esquerda, 18.30 horas.

Ler máis...

27/8/07

Solicitude de Xuntanza con Medio Rural

Estimados compañeiros e compañeiras,

Comunicámosvos as últimas novas, respecto da evolución das últimas solicitudes de negociacións.
O día 13 de agosto, as tres seccións sindicais de Tragsega (CIG, CCOO e UGT) solicitaron unha reunión co Conselleiro de Medio Rural (Alfredo Suárez Canal) para o día 23 de agosto para solicitar confirmación das novas sobre SEAGA. O mércores 22 de agosto, os responsables das tres seccións sindicais recibiron unha chamada telefónica para informarlles de que os responsables da Consellería non os podían recibir por problemas de axenda e que durante a semana do 27 de agosto recibirían outra chamada para ser convocados á xuntanza solicitada. De momento os delegados sindicais non teñen convocatoria confirmada.


Sen máis, agradecervos de antemán a vosa atención e seguiremos informándovos.

Ler máis...

10/8/07

NOTA DE PRENSA TRAGSEGA, S.A,




As seccións sindicais CIG, CCOO e UGT da empresa TRAGSEGA, S.A. (Sanidad Animal y Servicios Ganaderos, S.A.), empresa filial do GRUPO TRAGSA e na que actualmente están empregados cerca de 400 traballadores e traballadoras, pola presente, quere denunciar as actuacións que actualmente está a realizar a Consellería do Medio Rural, da Xunta de Galicia, coa creación e provisión de empregados da empresa SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.), para asumir proxectos que dende hai seis anos levan realizando os empregados e empregadas de TRAGSEGA e aos que agora, a Consellería pretende ignorar.


TRAGSEGA, S.A., empresa pública de ámbito estatal, por medio dos seus veterinarios, persoal técnico e administrativo vén realizando en Galicia desde o ano 2002, con calidade contrastada, obrigatorias labores para o fomento da
sanidade animal e a prevención de enfermidades do gando galego.


A pesar da eficiencia, a calidade, a experiencia coñecida e os dereitos laborais adquiridos polos traballadores e traballadoras de TRAGSEGA, a Consellería do Medio Rural, vén de crear outra empresa pública galega ao servizo da Administración, con igual obxecto social que as empresas que conforman o GRUPO TRAGSA: TRAGSA, TRAGSEGA e TRAGSATEC
.




No primeiro trimestre
deste ano 2007, SEAGA comezou a realizar procesos de selección de persoal, para a provisión de persoal eventual e fixo de varios ámbitos profesionais para a coordinación e desenvolvementos dos traballos de prevención e extinción dos lumes forestais , e a continuación pretende integrar todos os proxectos de gandería que actualmente realizan os traballadores e traballadoras de Tragsega.


A Consellería de Medio Rural acaba de confirmar a retirada da encomenda da realización de varias actividades de servizos gandeiros a TRAGSEGA, para pasar a ser SEAGA quen realice tales ENCARGOS, sen mencionar cal vai ser o futuro do total do persoal, tanto do indefinido como do eventual.


Durante seis anos empregados e empregadas de TRAGSEGA foron contratados para realizar uns traballos solicitados directamente pola Administración. Actualmente non poderán volver ser contratados por TRAGSEGA posto que xa non será esta empresa pública senón a outra, sen ningunha experiencia no campo dos servizos gandeiros: SEAGA, a que pasará a asumir eses traballos. É sabido que a día de hoxe Medio Rural mantén relación directa con outros colectivos para negociar a forma de incorporarse a SEAGA, pero en ningún momento houbo ningún tipo de información aos representantes dos traballadores e traballadoras de Tragsega, a pesar de coñecer a preocupación e situación laboral, deste colectivo desde hai meses.


Todo o persoal de TRAGSEGA esixe información e responsabilidades por parte da Consellería do Medio Rural acerca das súas pretensións con SEAGA, e do futuro dos postos de traballo dos empregados e empregadas experimentados de TRAGSEGA, que neste momento non lles pode asegurar ningún posto de traballo sen o compromiso da propia Consellería, e do que se deriva unha situación laboral de indefensión total.


O traspaso destes traballos relacionados coas actividades veterinarias, desde TRAGSEGA a SEAGA está a facerse de costas aos comités de empresa e sen ter en conta a experiencia e relacións contractuais dos traballadores e traballadoras con TRAGSEGA.


Así pois, os empregados e empregadas de TRAGSEGA, por medio da súa representación das SECCIÓNS SINDICAIS da CIG, CCOO e UGT, denuncia estas inxustizas laborais, solicitan da Consellería de Medio Rural, explicacións inmediatas ao respecto, e negociación das formas na que está a facer o transvase de encomendas dunha empresa pública experta á outra creada para eliminar a esta primeira.







Ler máis...