13/1/09

CALENDARIO LABORAL PERSOAL OFICINAS SANTIAGO TRAGSEGA 2009


Ler máis...

CALENDARIO LABORAL PERSOAL OFICINAS OURENSE TRAGSEGA 2009


Ler máis...

CALENDARIO LABORAL PERSOAL OFICINAS CORUÑA TRAGSEGA 2009


Ler máis...

CALENDARIO LABORAL PERSOAL OFICINAS PONTEVEDRA 2009










  • Calendario Laboral oficinas Pontevedra 2009










Segun o Art 23.5 do Convenio a cada traballador correspondelle un dia no laborable mais por coincidir 3 festividades en sabado.

Ler máis...

10/12/08

FIN DAS NEGOCIACIONS DO ACORDO MARCO

O día 2 de decembro de 2008 remataron as negociacións entre a Empresa e as distintas Seccións sindicais que configuraban a Mesa Negociadora.
A CIG non asinou dito acordo por consideralo insuficiente e inaceptable, sobre todo no que se refire a Estabilidade laboral. Acordouse un plan de actuación para mellorar a estabilidade durante o 2009 e o 2010 co cal ao finalizar cada un dos anos indicados o nº de traballadores con contrato indefinido se incrementará no resultante de aplicar un 2 % ao emprego medio total do exercicio inmediatamente anterior. Isto está moi lonxe dos nosos obxectivos, e ademais tendo en conta que no ano 2007 e 2008 temos 0 indefinidos en Galicia, tanto ten un 2 % coma un 1 % coma un 10 %, porque polo visto para nos non toca nada.
No capítulo III do Acordo Marco: “Clasificación profesional”, defínense os postos de traballo de Técnicos e de Auxiliares de laboratorio, entre outros. Aos Técnicos se lle esixe unha titulación de Técnico Superior na especialidade de Sanidade ou Laboratorio, ou asimilado, pero o seu nivel salarial será o 6º do noso Convenio Colectivo e a partir do 2011 asimilarase ao 5º (un menos!). Actualmente este posto ocúpase por licenciados de nivel salarial 1. Aos Auxiliares de laboratorio os deixan no nivel 8 e a partir de 2010 soben ao 7, cando actualmente atópanse encadrados no nivel 5.
Iso si, o incremento salarial orixinado polo cambio de nivel quedará suxeito á absorción total ou parcial do Complemento Persoal Absorbible, non regulado no Convenio Colectivo. E dicir, o salario aumentaría pero o líquido a percibir vai quedar igual ou moi parecido pois desaparece o Complemento Personal. Benvida a mellora prevista no Acordo Marco!!!
No artigo 11 do Texto, que fala de “Situacións de emerxencia”, vemos como a Empresa pode decidir cando ten unha Emerxencia, e polo tanto o exceso de Xornada non se computará a efectos del límite máximo de horas extraordinarias establecidas legalmente.
Se falamos de “Dietas y Medias Dietas” (art. 13), lemos como a Tragsega se nos aplica o establecido no Convenio Colectivo, mentres que a Tragsatec (co noso mesmo convenio), goza de melloras, que non nos recoñecen a nós.
En canto aos dereitos dos Representantes dos traballadores, constitúese o Comité Intercentros, como único órgano lexitimado para a Negociación Colectiva contradicindo o que di o noso Convenio colectivo, e buscando o que levan tratando facer desde hai dous anos: eliminar a representatividade da Sección sindical CIG e abrindo un diálogo bilateral entre UGT e a Empresa.
Resumindo, consideramos que o Acordo Marco queda moi lonxe das nosas pretensións, polo que seguiremos coa porta aberta para seguir negociando outras condicións mellores para os traballadores e traballadoras desta Empresa, que pasa por un aumento de estabilidade xa.

Ler máis...

19/11/08

Xuntanza de acordo marco o día 27/11

O dia 27 deste mes temos a derradeira Xuntanza do acordo Marco na que se falara de categorias profesionais e xornadas laborais en situacions excepcionais

Aqui tedes as "melloras" propostas pola empresa

E estas son as melloras propostas polos tres sindicatos maioritarios


Se a Empresa non negocia mellorar as súas propostas, a nosa sección sindical estará obrigada a non asinar algo que considera non lle convén ao conxunto dos traballadores.

Ler máis...

8/10/08

REMUNERACIÓN DOS SÁBADOS TRABALLADOS

A Dirección da Empresa decidíu cambiar as condicións de pago dos sábados traballados nesta campaña de vacinacón de lingua zul.

A partir de agora serán 178 euros brutos por sábado traballado (sen lotes, nin grupos de catro).

Á xente que xa traballou algún sábado, se lle compensará coa parte proporcional dos 200 euros que se lle prometeran, polo que recibirán 50 euros máis por cada un deles.

Ler máis...