13/10/06
11/10/06
Comunicado Comité de empresa de Tragsega (Sanidad Animal y Servicios Ganaderos, S.A.) en A Coruña
CIG E CCOO
O Comité de empresa de Tragsega (Sanidad Animal y Servicios Ganaderos, S.A.) en A Coruña, fixo chegar a representantes do sindicato CIG, por medio das súas delegadas de persoal, o desexo de que este sindicato se puxera en contacto coa Consellería de Medio Rural, para informarse do futuro dos contratos asinados por esta Consellería con Tragsega, posto que inciden directamente no futuro dos traballadores desta Empresa.
Tras convocarse dúas xuntanzas entre ambas partes (representantes de CIG e da Consellería de Medio Rural), durante o 1º semestre do presente ano, pasamos a resumirvos as cuestións enunciadas na última xuntanza mantida o mércores 11 de outubro de 2006, entre:
A) Representantes do sindicato CIG
Ignacio Pavón
Suso Seixo (Secretario Xeral)
B) Representante da Consellería do Medio Rural
Alberte Souto (Secretario Xeral)
CONCLUSIÓNS:
1.- Na segunda quincena de novembro de 2006, a Consellería de Medio Rural, dimensionará as necesidades reais de persoal precisas para realizar os traballos na campaña de saneamento de 2007.
Intúese, polos seus cálculos, que en xaneiro de 2007, o persoal veterinario necesario para realizar os traballos que contratará con Tragsega, será duns 40 traballadores menos con respecto a xaneiro de 2006.
2.- A Consellería do Medio Rural, comprométese a esixir a Tragsega que unha parte importante deste cadro de persoal contratado en xaneiro de 2007, pase a ser indefinido.
Neste punto, a CIG formula que o mínimo aceptable de contratos indefinidos será o do 65% do total do persoal de Galicia.
3.- Este compromiso estará por riba dos argumentos que podan desculpar a Tragsega como empresa pública, cuxos índices de estabilidade laboral, en calquera das súas Comunidades Autónomas son ínfimas, e a súa política de contratacións é realizar continuadamente contratos “por obra e servizo”.
Etiquetas: Comunicados
10/5/06
Coñece o programa electoral

Como sabes, o vindeiro día 14 de xullo de 2006 vanse celebrar as primeiras eleccións sindicais na provincia de Pontevedra na nosa empresa. Temos a necesidade de facer valer os nosos dereitos como traballadores e traballadoras de TRAGSEGA. Polo número de traballadores que somos nestes momentos en plantilla correspóndenos escoller cinco delegados que formarán o Comité de Empresa. CNon debemos tomar as eleccións sindicais como un trámite ou unha preocupación duns poucos. Moi ao contrario, os delegados e delegadas que escollamos son as persoas que van a ser a nosa voz nas negociacións coa empresa e coa Administración e de éstas dependerán as nosas condicións laborais futuras.
Etiquetas: Eleccións sindicais
14/12/05
Eleccións na Provincia da Coruña
Como sabes, o vindeiro día 14 de decembro de 2005 vanse celebrar as primeiras eleccións sindicais na nosa Empresa. Estas eleccións foron fomentadas por nós, co apoio da CIG, porque considerábamos que xa era hora de organizármonos e facer valer os nosos dereitos como traballadores e traballadoras de TRAGSEGA. Polo número de traballadores que somos en plantilla correspóndenos escoller cinco delegados e delegadas que formarán o Comité de Empresa. A nosa candidatura engloba a representación proporcional de todos os estamentos existentes na nosa Empresa (técnicos e técnicas de campo, de coordinación e de administración), ademais de proporcionar experiencia e coñecemento interno da estrutura e xestión da Empresa.Non debemos tomar as eleccións sindicais como un trámite ou unha preocupación duns poucos. Moi ao contrario, do seu resultado van depender os nosos horarios, o cumprimento e mellora do convenio colectivo, as condicións sociais, e en xeral todo o que nos afecta como traballadores e traballadoras desta Empresa. O Comité de Empresa ten dereito a que lle sexan comunicados pola dirección os novos contratos, planos de formación, sistemas de incentivos, sancións a traballadores, apertura de novos centros e actividades, balances económicos... e sobre estas cuestións emitir informes que deben ser tidos en conta, e que nalgúns casos son vinculantes. Ademais, os delegados e delegadas que escolleremos son as persoas que van poder negociar o convenio colectivo e ser a nosa voz en todas as negociacións coa empresa e coa nova Administración.
Etiquetas: Eleccións sindicais