9/12/09

CALENDARIO LABORAL PERSOAL OFICINAS TRAGSEGA 2010 PONTEVEDRA


Ler máis...

RESUMO REUNIÓN DOS COMITÉS PROVINCIAIS E A DIRECCIÓN DA EMPRESA O DÍA 3 DE DE DECEMBRO DE 2009

A Dirección de Tragsega Galicia, comunica aos representantes dos traballadores
a súa decisión de finalizar case a totalidade dos contratos do persoal eventual da Empresa, durante o presente mes de decembro.
Desta medida exceptúanse aquelas traballadoras que estean gozando do permiso de maternidade ou aquelas veterinarias que teñan suspendido o seu contrato por estar en situación de risco no embarazo ou risco na lactación.

POR PROXECTOS OU CATEGORÍAS

- VETERINARIOS DE CAMPO. Comunicaráselles a todos/as que finalizarán os seus contratos o día 22 de decembro de 2009.
Toda a representación dos traballadores indignouse ante a comunicación desta medida: pola decisión en si e porque na anterior reunión mantida coa Empresa, comunicóusenos que as contratacións para o 2010 se farían por antiguedade e criterio técnico, ocultando a súa intención de finalizar a todo o persoal antes de fin de ano e de burlar de novo a Lei (Caldera) para evitar pasar contratos eventuais a indefinidos. Aplícan de novo a “NEVEIRA” de seis meses, para que os traballadores perdan os seus dereitos laborais.

ORDE DE CHAMAMENTO 2010: As contratacións comezarán a realizarse a finais de xaneiro ou comezo de febreiro, segundo a antiguedade, criterios técnicos e o histórico das contratacións (as interinidades non computan para a Lei Caldera, polo que se ofrecerán contratos de substitución de baixas médicas, vacacións,...). O seu histórico determinará o tipo de contrato a ofrecer (sempre evitando calquera situación laboral ilegal ou cumplimento de requisistos para ter dereito a un contrato indefinido).
Os traballos encargados pola Xunta son de saneamento e de vacinación de Lingua Azul (que comezará en abril). A contratación será paulatina, tendo un pico máximo en maio e unha media de contratación anual de 180 veterinarios/as.

- PERSOAL ADMINISTRATIVO, DE GRAVACIÓN, E DE LABORATORIOS rematarán os seus contratos a 31/12/09. Cubriranse os postos do persoal que pasa á “neveira” con novo persoal. Comprométense a recontratar ao persoal unha vez pasado o período da “neveira”

- AUCAFREGA. Hai asegurado traballo nos matadoiros ata o 1º semestre de 2010. O Cliente está satisfeito coa labor veterinaria, pero podería contratar a persoal auxiliar para reducir custos.

- Persoal do PORTO DE VIGO. Finalizarán o 30/12/09.

- Persoal das Estacións de Desinfección. Tragsega ten traballo ata xuño 2010, pero a Consellería podería rescindir o Encargo antes. Comeza a cobrarse ao usuario para que asuman parte do custe deste servizo.

- Desinfección de explotacións positivas: continúase con este proxecto.

Tratáronse outros temas como a dificultade para aceptar as solicitudes de permisos de libre disposición, pola acumulación de peticións a fin de ano, e falouse de que se entregarían Cestas de Nadal para o persoal contratado actualmente.

Desde a SECCIÓN SINDICAL CIG manifestamos a nosa repulsa ante a política de recursos humanos desta Empresa pública cuxa filosofía é obter grandes beneficios anuais a cambio de fomentar a eventualidade laboral.
A organización das campañas de saneamento (co benelácito da Consellería) novamente busca evadir as obrigas laborais e vulnerar os dereitos dos traballadores.

A todo isto hai que engadir que o ACORDO MARCO de Tragsega, asinado entre UGT e EMPRESA, tan só esixe realizar unha contratación indefinida anual do 2%, polo que en Galicia, desde 2006 non se suscribeu ningún contrato indefindo.

Reservámonos o dereito de acudir á Inspección de Traballo para que estude a política de contratación de TRAGSEGA, que intencionadamente e de forma reiterada busca burlar as Leis laborais.

Ler máis...

2/12/09

CALENDARIO LABORAL GALICIA 2010

Aqui tedes o enlace do DOGA do calendario laboral de galicia para o ano 2010



Calendario Laboral Pontevedra 2010
Calendario Laboral Coruña 2010
Calendario Laboral Lugo 2010
Calendario Laboral Ourense 2010


Así o calendario laboral de Galicia durante o año 2010 contará cos seguientes festivos:

1 de enero. Añonuevo Aninovo
6 de enero. El día de Reyes
19 de marzo. San José San Xosé
1 de abril. Jueves Santo
2 de abril Viernes Santo
1 de mayo. El día del trabajo
17 de mayo. El día de las letras gallegas
12 de octubre. La fiesta de la Hispanidad
1 de noviembre. El día de todos los Santos
6 de diciembre. El día de la Constitución
8 de diciembre. El día de la Inmaculada
25 de diciembre. Navidad

Ler máis...

ACORDO DO COMITÉ INTERCENTROS PARA A REGULACIÓN DO CHAMAMENTO DE FIXOS DISCONTINUOS



Ler máis...

ACTA 2/2009 COMITÉ INTERCENTROS TRAGSEGA



Ler máis...

ACTA REUNIÓN COMITÉS PROVINCIAS E EMPRESA 23-09-09



Ler máis...