30/11/07

CONVOCATORIA SEAGA

Como sabedes, onte día 29 de novembro publicouse a convocatoria e bases específicas para a selección de persoal de SEAGA, nas categorías de licenciados veterinarios e de operadores codificadores.

Nas bases para veterinarios, dentro de Perfís profesionais, aparece o de saneamento gandeiro e/ou alertas sanitarias. Debido a esta sorpresa, puxémonos en contacto coa Consellería de Medio Rural e admiten que esta é unha convocatoria xenérica e que a Consellería non vai variar as bases para próximas convocatorias, e por iso, aínda que agora SEAGA non vai activar o Saneamento nin as Alertas Sanitarias, o día que o fagan, acudirán a esas listas para a contratación do persoal preciso.

Igualmente, informámosvos de que a Sección Sindical CIG vai a manter unha xuntanza proximamente cos responsables da Consellería de Medio Rural, para falar deste tema e doutros que sexan do noso interese.


Ler máis...

20/11/07

CONVOCADA ASEMBLEA POLO COMITÉ DE A CORUÑA

Convocada polo Comité de Empresa de Tragsega en A Coruña, unha Asemblea dos traballadores e traballadoras de campo.

A cita será o luns 26 de novembro ás 17.00 horas no Centro Empresarial do Polígono do Tambre (Santiago de Compostela).

A orde do día será a ANÁLISE DA SITUACIÓN ACTUAL E FUTURA DOS TRABALLOS DE CAMPO.

Agradecemos de antemán a vosa asistencia.

Ler máis...

19/11/07

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EN PONTEVEDRA

Convocada polo Comité de Empresa de Tragsega en Pontevedra, unha Asemblea dos traballadores e traballadoras de campo.

A cita será o mércores 21 de novembro ás 17.30 horas na cafetería do conservatorio de música da cidade de Pontevedra, fronte ás oficinas do Grupo Tragsa.

A orde do día será a ANÁLISE DA SITUACIÓN ACTUAL E FUTURA DOS TRABALLOS DE CAMPO.

Sen máis, agardamos a vosa presenza.

Ler máis...

16/11/07

COMUNICADO

Os delegados e delegadas da sección sindical CIG TRAGSEGA, estamos traballando na confirmación oficial, por escrito, do alargamento da Campaña de Saneamento Gandeiro ata 12 meses, para o vindeiro ano 2008.

Consideramos que isto é un avance en termos de estabilidade laboral, pero trae consigo moitos aspectos preocupantes, como son a carga de traballo, a mobilidade xeográfica... Se engadimos que a Dirección da Empresa xa nos adiantou que habería unha redución do persoal debido a un recorte orzamentario por parte da Consellería de Medio Rural, e tendo en conta que en 2008 non haberá certificados, pódese concluír que os 76 veterinarios/as indefinidos/as que actualmente están traballando en Tragsega, máis uns poucos eventuais (a Empresa non adianta ningunha cifra) farán a próxima campaña no transcurso de 11 ou 12 meses, ao mesmo ritmo ou incluso cunha carga de traballo superior á do ano 2007.

Por todo isto, convocaremos Asembleas de traballadores/as proximamente, para analizar o noso futuro, e decidir entre todos/as como queremos que sexa este.

Por outra banda seguimos de preto as convocatorias de selección de persoal que está a publicar SEAGA (www.epseaga.com) e que poden afectar ao noso cadro de persoal. Como é sabido, o C.I.A.G. pasará a esta empresa o ano que vén e hai traballadores e traballadoras eventuais pendentes deste tema.

Ler máis...