21/12/07

XUNTANZA URXENTE MANTIDA ENTRE OS COMITÉS PROVINCIAIS E A DIRECCIÓN DA EMPRESA EN SANTIAGO

Hoxe, 21 de decembro de 2007, houbo outra reunión convocada pola Dirección da Empresa, na que manifestaron 3 puntos principais:

1.- A Empresa comunica a súa intención de cubrir as baixas por maternidade que están vixentes actualmente de forma inminente. Pensan seguir o criterio de antigüidade e piden a conformidade dos Comités provinciais para incorporar persoal con contratos de interinidade. Os Comités aceptamos a súa proposta.

2.- A Empresa quere crear unha bolsa de traballo co persoal eventual que forma parte do cadro de persoal da Empresa dende hai anos. En caso de haber algunha contratación chamaríase a este persoal. Os criterios a seguir serían os de antigüidade e calidade técnica nos traballos realizados. Esta bolsa de traballo estaría feita para xaneiro de 2008 e piden a conformidade dos Comités e a súa participación na elaboración da mesma. Os Comités aceptamos a súa proposta.

3.- A Empresa informa da existencia de postos de traballo en Estremadura (aproximadamente 70 prazas) cunha duración de 3-4 meses, comezando o día 15 de xaneiro de 2008. Enviarán unha carta ao persoal eventual da Comunidade Galega co cuestionario de dispoñibilidade. Aquela xente que responda que está dispoñible será chamada para a súa incorporación en Estremadura. No caso de que xurdira algunha nova contratación posterior, aquí en Galicia, se seguirá contando con estes traballadores e traballadoras aínda que estean prestando os seus servizos en Estremadura.

Dende a CIG manifestamos que para nós a situación segue a ser a mesma na que estabamos. Os traballadores e traballadoras eventuais que deberan ser contratados o día 2 de xaneiro de 2008 en Galicia seguen sen traballo porque a Empresa quere burlar o Real Decreto que lles obriga a facelos indefinidos. Continuaremos os nosos esforzos para intentar modificar esta situación, aínda que a Empresa volveu a manifestarnos a súa decisión de non contratar a ninguén máis en Galicia.

Ler máis...

19/12/07

CONFIRMADA A “NEVEIRA”

Lamentablemente a noticia que esperabamos non escoitar, chegou por parte da Empresa onte (18/12/07). O 2 de xaneiro de 2008 só traballará no campo o persoal con contrato indefinido de Tragsega Galicia, e esta situación seguirá así ata que a Empresa o considere necesario. Polo que nos deron a entender esta necesidade vai a aparecer despois do mes de abril (non saben ben a fecha). Segundo Jesús González Bujanda e inviable realizar máis contratos indefinido. Falou da “responsabilidade” que ten a empresa cos seus traballadores actuais e do “custe social” que suporía ter que despedilos se chegase o caso de que non houbera traballo para eles.

Nos preguntámonos: e o custe social que están a sufrir agora mesmo eses traballadores e traballadoras?

Os delegados e delegadas da CIG levamos dende os nosos comezos, loitando por conseguir unha campaña de 12 meses. Por fin Medio Rural nos confirmou o alargamento da mesma ata 11 meses e 15 días comezando o día 2 de xaneiro de 2008. Esta noticia, en principio, é unha boa nova pois comporta un afianzamento da estabilidade laboral, non obstante, a empresa Tragsega, vaina utilizar para todo o contrario, pois lle dá xogo para realizar a campaña de saneamento anual, contratando aos veterinarios e veterinarias cunha antigüidade media de 50 meses, despois do mes de abril para burlar o Real Decreto-Lei 5/2006 de 9 de xuño e realizarlles contratos por obra e servizo en lugar de contratos indefinidos, como sería de xustiza.

Soamente nos queda dicir que intentaremos por todos os medios que dispoñamos, que a Empresa volva atrás coa súa decisión de non contratar a ninguén que teñan que facer indefinido, e a Empresa cumpra, non só co Real Decreto Lei, senón con todos os compromisos que adquiriron con nós ao longo de todo o ano 2007, cando reunión tras reunión aseguraban que a Empresa “sempre que haxa traballo contratará ao persoal segundo a antigüidade e os criterios técnicos, sen ter en conta que haxa que facelos fixos”.

Ler máis...

18/12/07

TRAGSEGA, EMPRESA PÚBLICA DE SANIDADE ANIMAL, BURLA A LEXISLACIÓN LABORAL

A Empresa Pública Tragsega en Galicia, pertencente ao Grupo TRAGSA, prescinde de 75 traballadores (veterinarios e administrativos) para efectuar as CAMPAÑAS DE SANEAMENTO GANDEIRO do ano 2008, incumprindo o Rela Decreto-Lei 5/2006 e a Lei 43/2006 que obriga a facer indefinidos ao persoal que leva traballando dende xaneiro de 2006, porque en xuño do 2008 posuiría dous o máis contratos encadeados cunha duración de 24 meses nun intervalo de 30 meses.

O pasado 30 de setembro de 2007 estes veterinarios e veterinarias deixaron de prestar servizos en Tragsega e non volverán a ser contratados ata maio do 2008 para así evitar realizarlles contratos indefinidos, ao transcorrer un intervalo superior a 6 meses sen traballar na Empresa. Estes compañeiros e compañeiras levan traballando unha media de 5 anos nas campañas de saneamento, aparte dos administrativos que levan entre 10 e 12 anos. Tragsega pertence o Grupo Empresarial Público Tragsa, que obtivo neste ano uns beneficios netos de 52 millóns de euros, sendo a empresa máis rendible da S.E.P.I. Aínda así non vai contratar a este colectivo de traballadores a principios do 2008, como viña facendo de forma ininterrompida dende o ano 2002.

A totalidade de delegados e delegadas sindicais de CCOO, CIG e UGT manifestamos enerxicamente a nosa REPULSA E INDIGNACIÓN pola actuación de TRAGSEGA, empresa estatal de capital público que, como tal empresa pública, debería de dar exemplo en materia de contratación de persoal, loita contra a precariedade laboral, estabilidade no emprego e cumprimento da lexislación vixente, seguindo así as directrices marcadas dende o Ministerio de Traballo.

Debido a todo o anterior, os catro Comités Provincias de Empresa de Tragsega Galicia reservámonos o dereito de tomar cantas medidas consideremos oportunas na salvagarda dos nosos dereitos laborais e os dos nosos compañeiros e compañeiras, entre os cales se inclúen a posibilidade de futuros paros e mobilizacións.

Ler máis...

17/12/07

CAMPAÑA DE 11 MESES E 15 DÍAS

Os delegados e delegadas da CIG Tragsega Galicia obtivemos a confirmación por parte da Consellería de Medio Rural da realización da campaña de saneamento de 2008 en 11 meses e 15 días, comezando o día 2 de xaneiro. Congratulámonos desta decisión que levabamos solicitando dende hai tempo.

Este alargamento da campaña foi unha das primeiras reivindicacións que mantivemos e, de feito, estaba incluída dentro dos programas electorais da CIG. Consideramos que é fundamental para o establecemento dunha estabilidade laboral dentro da Empresa Tragsega; e Medio Rural demostrou ser sensible a este respecto aceptando a nosa reivindicación, non obstante actualmente non pensa entremeterse nas contratacións que “vai” facer Tragsega sabendo que é “ningunha”.
O que non se pode tolerar é que a Empresa utilice este mellora precisamente para burlar a lei e seguir fomentando a precariedade laboral co beneplácito da Administración.

Ler máis...

13/12/07

Resumo xuntanza coa Consellería de Medio Rural

A Sección Sindical CIG-TRAGSEGA mantivo unha reunión coa Consellería de Medio Rural o día 10/12/2007 para falar das convocatorias de SEAGA con respecto á contratación de veterinarios e teleoperadores.

Alberte Souto manifestou unha vez máis a intención da Consellería de manter sen variacións as encomendas para TRAGSEGA salvo o que respecta ao CIAG, que pasará a SEAGA dentro do primeiro trimestre de 2008.

Segundo Alberte Souto, o groso do saneamento non sufrirá variacións no 2008 e posiblemente tampouco no 2009. É probable que algunha actividade parcial relacionada co saneamento (Plan Nacional, segundas voltas,...) sexan realizadas por SEAGA. Non obstante, indicou que ante calquera alerta sanitaria, é Tragsega a empresa capacitada para dar resposta a estes imprevistos.

Respecto do prego de condicións para 2008 estará rematado antes do 14 de decembro e nel establecerase a duración anual da campaña, entre 11 e 12 meses, o que será determinante para que a Empresa organice o volume de persoal necesario para a vindeira campaña. A. Souto mantén que non é competencia de Medio Rural entremeterse na organización do servizo e que será Tragsega quen realice as contratacións (do tipo que sexa, no número que estime oportuno, e baixo os criterios que determine). Polo que a Sección sindical CIG, estará moi pendente desta cuestión sen descartar mobilizacións, no caso de que Tragsega pretenda facer uso da chamada “neveira”

[termo empregado para indicar que un traballador ou traballadora deixa de ser contratado/a polo tempo suficiente para que perda o seu dereito (e a obriga da Empresa) a que lle subscriban un contrato indefinido –“pasar a alguén á neveira”]

Respecto das listas previas para saneamento en SEAGA, serán válidas para dous anos, pero non haberá contratacións dese perfil profesional. O día que se fagan, a experiencia laboral do persoal vaise ter en conta dentro de cada categoría e perfil, e chegado o caso, Alberte Souto afirma que terá en conta a situación dos traballadores de TRAGSEGA e porase en contacto con nós para estudar o traspase do persoal indefinido de TRAGSEGA a SEAGA, sen descartar a fórmula da subrogación (se xuridicamente é posíbel).

Por último, a contratación dos traballadores e traballadoras do CIAG en SEAGA, no primeiro trimestre de 2008, farase segundo as bases da convocatoria de selección de persoal de SEAGA, e o persoal indefinido do CIAG, reiterou que era competencia de TRAGSEGA emprazalo noutros postos de traballo do GRUPO.

Ler máis...

12/12/07

Actuacións do Presidente do Comité Empresa Lugo


Emilio Pardo, como representante da UGT e presidente do comité de empresa de TRAGSEGA Lugo, solicitou e conseguiu ( en base ó interese dos traballadores) a baixa da lista de representantes sindicais da CIG en Lugo dos traballadores eventuais que figuraban na mesma e que xa non están na empresa, co cal no improbable caso de que algunha das persoas que ían na mesma fosen contratadas de novo, non poderían optar ós postos de representantes sindicais que quedaron vacantes e que pertencen á CIG, ata que se celebren outras eleccións dentro de dous anos.


Isto aínda que legal (xa que os candidatos á representación sindical da CIG estamos fóra da empresa) é eticamente moi cuestionable, xa que ignora a vontade de moitos traballadores que cos seus votos deron apoio a esas listas para que houbese una maior pluralidade no comité. O máis cuestionable é que nin sequera foi a propia empresa a que solicitou a baixa dos traballadores que integraban as listas, senón que foi o presidente do comité quen o fixo.


De decisións como esta podemos extraer que hai un interese manifesto en que a información que chegue ó traballador sexa monopolizada a través dunha única vía (co risco que implica que dita información poida ser sesgada ou manipulada por intereses individuais ou partidistas). A partir de agora só existirá un interlocutor válido entre a empresa e os traballadores e extraballadores de TRAGSEGA en Lugo.

Exemplo do anteriormente exposto é a convocatoria de manifestacións o próximo día dezaoito en Santiago contra a política do BNG, que dá a impresión de ser unha manipulación descarada dós traballadores, xa que a convocatoria aparenta ser un acto de precampaña organizado polo PSOE en vez de ser un acto en defensa dos traballadores.

De non ser así é difícil de entender que non se mencione ningunha critica á actuación doutros grupos políticos que forman parte da Xunta e que son copartícipes das decisións que se toman na mesma, e o que é máis grave é que se perda o tempo en convocatorias deste tipo en vez de estar defendendo os intereses reais dos compañeiros fronte á empresa, sobre todo en datas nas que se tería que estar negociando incorporacións, horarios laborais, etc.

Ler máis...

10/12/07

CONTRATACIÓNS PARA A CAMPAÑA DE SANEAMENTO 2008

A sección sindical CIG-TRAGSEGA, en previsión da organización da campaña de saneamento de 2008, espera que a Empresa respecte o compromiso ratificado en varias reunións coa representación sindical, polo que a Delegada Autonómica do Grupo Tragsa e a Directora Autonómica de Recursos Humanos , comprometíanse a respectar a antigüidade dos traballadores e traballadoras nas contratacións para a campaña de saneamento do 2008, sen ter en conta que o tipo de contrato a realizar, sexa indefinido, porque así obrigue a lei atendendo ao histórico de contratacións subscrita entre Tragsega e os veterinarios e veterinarias.

Segundo palabras textuais da Delegada Autonómica transmitidas aos/ás Delegados/as de persoal “sempre que haxa traballo contratará ao persoal segundo a antigüidade e os criterios técnicos, sen ter en conta que haxa que facelos fixos”.

A sección sindical CIG quere expresar que este é un punto fundamental na nosa loita por un traballo digno, de forma inminente.

O persoal que finalizou o seu contrato por obra e servizo o 30 de setembro e 9 de novembro do 2007 e veu sendo contratada para as sucesivas campañas, DEBE DE SER CONTRATADA EN XANEIRO DE 2008. O Decreto de xullo do 2006 foi redactado para acabar coa precariedade e a temporalidade laboral, non para provocar despedimentos inxustificados e para escabullarse de realizar contratacións indefinidas.

Como saberedes hai pouco, compañeiros e compañeiras de Tragsatec manifestáronse pola alta porcentaxe de temporalidade do cadro de persoal do Grupo TRAGSA e o propio Zapatero díxolles non ter coñecemento deste feito, que se informaría, e de ser así, trataría de solucionalo.

Dende logo, entendemos que para 2008 é preciso contar co mesmo persoal que no 2007 e non entenderíamos que se fixera unha previsión do traballo para a campaña do 2008 pensando en contratar novo persoal a mediados de ano, para así conseguir que moitos traballadores e traballadoras perderan os seus dereitos para ser indefinidos, posto que levan realizando ó saneamento durante anos.

Ler máis...

30/11/07

CONVOCATORIA SEAGA

Como sabedes, onte día 29 de novembro publicouse a convocatoria e bases específicas para a selección de persoal de SEAGA, nas categorías de licenciados veterinarios e de operadores codificadores.

Nas bases para veterinarios, dentro de Perfís profesionais, aparece o de saneamento gandeiro e/ou alertas sanitarias. Debido a esta sorpresa, puxémonos en contacto coa Consellería de Medio Rural e admiten que esta é unha convocatoria xenérica e que a Consellería non vai variar as bases para próximas convocatorias, e por iso, aínda que agora SEAGA non vai activar o Saneamento nin as Alertas Sanitarias, o día que o fagan, acudirán a esas listas para a contratación do persoal preciso.

Igualmente, informámosvos de que a Sección Sindical CIG vai a manter unha xuntanza proximamente cos responsables da Consellería de Medio Rural, para falar deste tema e doutros que sexan do noso interese.


Ler máis...

20/11/07

CONVOCADA ASEMBLEA POLO COMITÉ DE A CORUÑA

Convocada polo Comité de Empresa de Tragsega en A Coruña, unha Asemblea dos traballadores e traballadoras de campo.

A cita será o luns 26 de novembro ás 17.00 horas no Centro Empresarial do Polígono do Tambre (Santiago de Compostela).

A orde do día será a ANÁLISE DA SITUACIÓN ACTUAL E FUTURA DOS TRABALLOS DE CAMPO.

Agradecemos de antemán a vosa asistencia.

Ler máis...

19/11/07

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EN PONTEVEDRA

Convocada polo Comité de Empresa de Tragsega en Pontevedra, unha Asemblea dos traballadores e traballadoras de campo.

A cita será o mércores 21 de novembro ás 17.30 horas na cafetería do conservatorio de música da cidade de Pontevedra, fronte ás oficinas do Grupo Tragsa.

A orde do día será a ANÁLISE DA SITUACIÓN ACTUAL E FUTURA DOS TRABALLOS DE CAMPO.

Sen máis, agardamos a vosa presenza.

Ler máis...

16/11/07

COMUNICADO

Os delegados e delegadas da sección sindical CIG TRAGSEGA, estamos traballando na confirmación oficial, por escrito, do alargamento da Campaña de Saneamento Gandeiro ata 12 meses, para o vindeiro ano 2008.

Consideramos que isto é un avance en termos de estabilidade laboral, pero trae consigo moitos aspectos preocupantes, como son a carga de traballo, a mobilidade xeográfica... Se engadimos que a Dirección da Empresa xa nos adiantou que habería unha redución do persoal debido a un recorte orzamentario por parte da Consellería de Medio Rural, e tendo en conta que en 2008 non haberá certificados, pódese concluír que os 76 veterinarios/as indefinidos/as que actualmente están traballando en Tragsega, máis uns poucos eventuais (a Empresa non adianta ningunha cifra) farán a próxima campaña no transcurso de 11 ou 12 meses, ao mesmo ritmo ou incluso cunha carga de traballo superior á do ano 2007.

Por todo isto, convocaremos Asembleas de traballadores/as proximamente, para analizar o noso futuro, e decidir entre todos/as como queremos que sexa este.

Por outra banda seguimos de preto as convocatorias de selección de persoal que está a publicar SEAGA (www.epseaga.com) e que poden afectar ao noso cadro de persoal. Como é sabido, o C.I.A.G. pasará a esta empresa o ano que vén e hai traballadores e traballadoras eventuais pendentes deste tema.

Ler máis...

25/10/07

COMUNICADO

A día de hoxe, xoves, 25 de outubro de 2007, a Dirección da Empresa en Tragsega Galicia, convocou aos Presidentes dos Comités Provinciais para informarlles dos acordos aos que chegaron coa Consellería de Medio Rural:

1.- Debido á desaparición dos certificados, e tendo en conta que a maior parte das chamadas xestionadas polo Centro de Información ó Agro Galego (CIAG) son chamadas relacionadas cos traballos de identificación, este proxecto pasará a depender da empresa pública SEAGA, a partir de xaneiro de 2008.
a) O persoal indefinido do CIAG vai a ser emprazada en calquera outro posto de traballo pertencente ao Grupo Tragsa.
b) O persoal eventual finalizará a súa relación contractual con Tragsega o 31/12/07.
c) A Consellería de Medio Rural comprometeuse a ter en conta a experiencia deste persoal neste servizo para a futura convocatoria de prazas de SEAGA

2.- Respecto aos veterinarios/as de campo:
a) A Consellería garante a continuidade para os traballadores/as indefinidos/as ata o 31/12/07.
b) O persoal eventual finalizará o seu contrato o día 9 de novembro de 2007. A Empresa comezará mañá a facer entrega dos avisos previos.

3.- A campaña de saneamento de 2008 será realizada en 12 meses.

4.- A Empresa manifesta que ten intención de formar unha bolsa de contratación para traballadores que quedan sen contrato. Ao longo de 2008 chamarase ao persoal incluído nesta bolsa para cubrir necesidades puntuais (vacacións, baixas,..)

Ler máis...

10/10/07

ILUSTRE COLEGIO DE VETERINARIOS DE PONTEVEDRA

Publica na sua paxina as instrucións provisionais de certificacion

1.- Dada a posibilidade de que poidan existir certas dificultades para a interpretación de algúns aspectos contemplados no modelo de declaración publicado, e ademais para buscar un formato que facilite a súa comprensión, as Consellarías de Sanidade e de Medio Rural estableceron con carácter de urxencia un grupo de traballo que se reunirá inmediatamente e no que se consensuará, respectando a información contida na Orde, o texto definitivo do modelo de declaración a utilizar en Galicia, aclarando tamén certos aspectos da información a transmitir que non parecen que estean aínda totalmente definidos, e concretando por outra banda a sistemática de actuación definitiva.


2.- En tanto non se obteñan as conclusións definitivas do grupo de traballo creado, actuarase deste xeito:


- A Dirección Xeral de Saúde Pública comunicará aos Servizos Veterinarios Oficiais dos matadoiros que durante un período transitorio, aínda por determinar, e ata nova instrución, admitirase a chegada aos matadoiros de animais acompañados coa documentación que establecía o Real Decreto 3454/2000 anteriormente á publicación da Orde mencionada (declaración do titular e autorización sanitaria do veterinario). Así mesmo, admitirase igualmente a entrada aos matadoiros de animais acompañados do modelo de declaración normalizada publicado na dita Orde PRE/2893/2007.


- Os veterinarios da empresa Tragsega que participaban, a través dunha encomenda da Consellaría do Medio Rural, no sistema público de expedicións de autorizacións sanitarias, continuarán transitoriamente e durante un período por determinar, visitando as explotacións que continúen a transmitir os avisos de certificación ao CIAG. Nas ditas explotacións, e para axustarse xa ao establecido na Orde publicada, os veterinarios colaborarán co gandeiro na cobertura do modelo de declaración publicado no BOE, e explicarán aos titulares a nova sistemática de actuación.


3.- Unha vez definido o modelo a utilizar e a sistemática de actuación, a Consellaría do Medio Rural iniciará unha campaña de difusión, mediante a realización de charlas, para dar a coñecer o novo modelo de declaración, explicando a sistemática para a súa cobertura.


Deberá informarse de xeito inmediato dos aspectos mencionados a todos os Servizos Veterinarios Oficiais, que polo momento se resumen, ata nova instrución, en dous puntos:


- Provisionalmente admitiranse nos matadoiros animais acompañados tanto do modelo de declaración publicado, como da documentación que se expedía anteriormente (declaración do titular e autorización sanitaria).


- Provisionalmente seguirase a prestar apoio ás explotacións por parte da empresa Tragsega, neste caso para a cobertura do modelo de declaración publicado.

Ler máis...

Novas do certificado veterinario

Ler máis...

Tragsa se lleva varapalo judicial


24 de julio de 2007.
CCOO de Castilla-La Mancha ha ganado una sentencia interpuesta contra TRAGSA, que obliga a la empresa a devolver a los trabajadores las cantidades que les había descontado de las nóminas por el disfrute de vacaciones en febrero de este año.

Ler máis...

6/10/07

COMUNICADO

O 6 de outubro foi publicado no BOE num. 240 a ORDEN PRE/2893/2007, de 5 de octubre, por la que se modifica el anexo XI del Real Decreto 3454/2000, de 22 de diciembre, por el que se establece y regula el Programa Integral coordinado de vigilancia y control de las encefalopatías espongiformes transmisibles de los animales.


A Dirección da empresa púxose en contacto cun representante de cada sección sindical en Tragsega – Galicia, o venres día 5 de outubro, para informarnos sobre a situación actual.


Comentaron que mantiveran unha reunión con Medio Rural o xoves día 4 de outubro na que acordaron manter o cadro de persoal de vacacións durante unha media de 15 días nos que a empresa faría distintas propostas a Medio Rural que se refiren a distintos proxectos que se levan a cabo noutras comunidades autónomas e que poderían ser viables aquí, de tal maneira que se intentaría manter os postos de traballo ata que finalice o ano.


Os días libres que nos queren dar son as que corresponden ós días que nos quedan por gozar dos 22 días laborables de vacacións anuais, máis os 4 días os que temos dereito da quenda de Nadal, máis os 2 días que a empresa regalou ós traballadores polo 30 aniversario do Grupo Tragsa.


A CIG preguntou que pasaría se Medio Rural non acepta as propostas da empresa e a delegada do Grupo Tragsa en Galicia ( Mª Luisa Graña) respostou que hai alternativas pero que non nos adiantaba cales eran.


Esta foi a “reunión informativa” que mantivemos coa empresa. A día de hoxe non temos mais información que a que vedes aquí. Quedaron de convocar ós Comités o luns pero os delegados de momento non sabemos nada.


Se o luns pola mañá non imos traballar convocaremos Asembleas nas provincias para analizar a situación .

Ler máis...

18/9/07

NOTA DE PRENSA



As 3 Seccións Sindicais Tragsega-GALICIA (CCOO,CIG E UGT comunican a súa moderada SATISFACCIÓN pola decisión de Medio Rural de seguir concedendo as mesmas encomendas a Tragsega e así poder manter os postos de traballo de cara o 2008. Nestes momentos a través de SEAGA, Medio Rural non ofrecía garantías suficientes de estabilidade laboral nin garantías de manter as condicións laborais do persoal afectado.


Por outra banda tamén queríamos comunicar a nosa inquedanza de que vai pasar a partir do 2009, pois dende Medio Rural deixaron a porta aberta de reestruturar a xestión da sanidade animal no futuro.


Os representantes sindicais consideramos OBXECTIVO IRRENUNCIABLE introducir cláusulas nos pregos de actividade onde veña reflectido o compromiso de respetar todos os postos de traballo se houbera cambio na adxudicación das encomendas de TRAGSEGA A SEAGA .


As 3 seccións sindicais seguiremos loitando por garantir o mantemento dos postos de traballo e que MELLORE A ESTABILIDADE laboral, por iso imos solicitarlle a Dirección da Empresa que se extenda a campaña de saneamento, e conseguir un 80-90% de indefinidos na empresa e non tantos traballadores eventuais por obra/servizo que se van ao paro no mes de setembro.


Ler máis...

10/9/07

NOTA DE PRENSA

ULTIMATUM DOS TRABALLADORES/AS DE TRAGSEGA Á CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Os traballador@s de TRAGSEGA-Galicia empresa pública estatal que dende 2002 veñen realizando traballos relacionados coa sanidade animal, solicitan unha reunión coa Consellería de Medio Rural o día 13 de setembro de 2007 ou como máis tardar o día 14 para negociar o mantemento dos 374 postos de traballo afectados pola decisión da Consellería de Medio Rural de traspasar as encomendas que ata agora viña realizando Tragsega á nova empresa pública galega SEAGA .

Consideran inaceptable que a empresa TRAGSEGA e a Consellería estean negociando, sen ter en conta á representación sindical. Ademais o calendario proposto por Medio Rural implica á expiración dos prazos máximos para presentar os presupostos de 2008, data a partir da cal non haberá negociación posible.

Se non os reciben, os traballador@s de Tragsega non terán outra opción máis que comenzar as medidas de forza necesarias, nas que se inclúen todo tipo de mobilizacións.

Ler máis...

7/9/07

REUNIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E TRAGSEGA

Como xa sabedes os delegados da CIG, hoxe dia 7 de setembro de 2007, tivemos unha reunión co Secretario Xeral ( Alberte Souto) , directivos de TRAGSA e as outras seccions sindicais. As nosas expectativas de que se nos aportase algunha solución aceptable non eran moi altas. Ésto confirmouse ó remate da xuntanza. Durou escasamente 10 minutos, e o único que transmitiron é que están nun proceso de intercambio de información coa empresa ata o día 17 de setembro de 2007 ser ter en conta ós traballadores e traballadoras, posto que a nos vannos informar das suas conclusions a partir do día 21 de setembro de 2007 .

A nos parecenos que a Administración con ésto pretende gañar tempo e lavala cara pola falta de transparencia que houbo durante todo este proceso. Consideramos inaceptable que non se conte con nos e nos próximos días elaboraremos un calendario de movilizacións.

Ler máis...

6/9/07

Nova no diario de Arousa

Trabajadores de sanidad animal irán a la huelga si no les mantienen sus puestos

Ler máis...

Nova no diario de ferrol

Trabajadores de sanidad animal irán a la huelga si no les mantienen sus puestos

Ler máis...

Nova no Galicia-Hoxe


O Seaga ten no aire os 370 empregos de sanidade animal

Ler máis...

Nova no Ideal Gallego

Trabajadores de sanidad animal irán a la huelga si no les mantienen sus puestos

Ler máis...

Nova no Correo Gallego


La plantilla de Tragsega llegara a la huelga si no se garantiza su empleo

Ler máis...

Nova da asamblea xeral do 05/09/07

Masiva asemblea de traballadores e traballadoras
O persoal de Tragsega esixe a Medio Rural a continuidade dos postos de traballo

Ler máis...

Nova no Agroprofesional

Los trabajadores de TRAGSEGA amenazan con huelga si Medio Rural no los recoloca en SEAGA

Ler máis...

Nova no Faro de vigo (05/09/07)

Falando da Asamblea Xeral
Lamentablemente non aparece no Faro Dixital pero si no Xornal

Ler máis...

4/9/07

Asamblea Xeral

Convoncada asamblea xeral por todas as seccións sindicais para todos os traballadores/traballadoras de Tragsega o dia 5 en Santiago de Compostela no HOTEL PUERTA DEL CAMINO (Salida Norte. Hotel acristalado de 5 estrelas xunto ao PALACIO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS)


C/ Miguel Ferro Caaeiro, s/n.

Dende Pontevedra por autoestrada é a saída nº 67, pon "Santiago Norte, Aeroporto".(3ª saída, á beira do Palacio de Congresos).

A las 6.



Ler máis...

Nova na Voz de Galicia (04/09/07)


Trabajadores de Tragsega Lugo exigen a Medio Rural que garantice su futuro

La Consellería ha encomendado distintas tareas ?de sanidad animal a una nueva empresa pública

Ler máis...

Nova no Progreso (04/09/07)

No progreso de hoxe na paxina 10 (comarcas)
"La plantilla de Tragsega Reclama a la xunta que garantice sus empleos"

Ler máis...

3/9/07

NOTA DE PRENSA DO COMITE DE EMPRESA DE TRAGSEGA-LUGO E DAS SECCIONS SINDICAIS DE CIG, CCOO E UGT

Lugo, 3 de setembro de 2007.


A empresa de sanidade animal e servizos gandeiros TRAGSEGA é unha empresa pública estatal, filial do grupo TRAGSA. Levamos dende o ano 2002 facendo campañas de saneamento gandeiro. Esta asistencia técnica faise por adxudicación directa a través da Consellería de Medio Rural, adxudicación que se renova anualmente.

Neste momento Tragsega-Galicia conta cun plantel de 370 persoas, das cales 260 son veterinarios/as, en labores de saneamento gandeiro, certificación, etc. e o resto son auxiliares administrativos/as, centro de atención telefónica (CIAG), persoal de gravación e persoal de laboratorio.

A Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Medio Rural, decidiu encargarlle a unha nova empresa pública galega (SEAGA) parte das encomendas que viña facendo TRAGSEGA no ámbito da Sanidade Animal. Esta decisión, tomada de costas ós traballadores e traballadoras e ás súas representacións sindicais, provoca preocupación máxima no persoal que dende hai tempo vimos desempeñando, con criterios de calidade recoñecida, as funcións de certificación, saneamento animal, servizos de información do agro galego e laboratorio pecuario.

Esta decisión política está provocando que máis de 350 traballadores en Galicia, 140 na provincia de Lugo, teñamos o noso futuro incerto xa que a metade do cadro de persoal acábaselle o contrato de obra o 30 de setembro e non saben se poderán traballar no ano 2008.

O pasado 30 de agosto, as tres seccións sindicais de Tragsega (CIG, CCOO e UGT) mantivemos unha reunión co Secretario Xeral da Consellería de Medio Rural, Alberte Souto, da que só quitamos o compromiso verbal de darnos unha proposta por escrito na segunda quincena de setembro para explicarnos polo miúdo os proxectos da Consellería a este respecto.
Segunda parte do texto

A raiz de varias asambleas de traballadores, que se realizaron nas catro provincias galegas no pasado mes de agosto , nas que houbo unha afluencia masiva do persoal da empresa, decidiuse convocar a totalidade dos traballadores de TRAGSEGA en Galicia a unha asamblea xeral, que tera lugar o dia 5 de setembro en Santiago de Compostela e na que se debatirán as medidas a tomar para facerlle chegar a Xunta de Galicia a nosa inquietude pola situación de incertidume laboral na que nos atopamos.
Segunda parte do texto

Ler máis...

31/8/07

NOTA DE PRENSA TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE TRAGSEGA, S.A. (SANIDAD ANIMAL Y SERVICIOS GANADEROS)

NOTA DE PRENSA TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE TRAGSEGA, S.A. (SANIDAD ANIMAL Y SERVICIOS GANADEROS)



Santiago de Compostela, a 30 de agosto de 2007



Os/as delegados/as de persoal das tres seccións sindicais (CCOO, CIG, UXT) representadas na empresa TRAGSEGA, S.A. en Galicia, despois de manter unha xuntanza co Secretario Xeral da Consellería de Medio Rural, Alberte Souto, reiteran a súa preocupación polo incerteza do futuro dos seus postos de traballo.


Segunda parte do texto

Alberte Souto confirmou aos delegados e delegadas de Tragsega, a intención da Consellería do Medio Rural de que os traballos relacionados coa certificación de aptitude para o sacrificio dos animais e co Centro de Información ó Agro Galego (CIAG), a partir de xaneiro de 2008, serán realizados pola empresa pública autonómica SEAGA, S.A., en vez de encargarlle estes traballos a Tragsega, como se viña facendo nos últimos seis anos.


Ante a pregunta concreta dos representantes sindicais acerca do futuro inmediato de todos os traballadores e traballadoras de Tragsega, o Secretario Xeral non deu unha resposta concisa, senón que empraza aos delegados e delegadas de persoal sindicais a unha nova xuntanza, a partir da segunda quincena de setembro, momento no que a Consellería de Medio Rural tomará todas as decisións e xestións oportunas ao respecto.


Ante esta situación preocupante para un colectivo de case 400 traballadores/as, os delegados/as de persoal só lle solicitan á Consellería de Medio Rural o mantemento dos seus postos de traballo, cos mesmos dereitos laborais, sexa cal sexa a empresa pública á que se lle encarguen os traballos relacionados coa súa actividade.





Segunda parte do texto

Ler máis...

RESUMO DA REUNIÓN DOS DELEGADOS E DELEGADOS DE PERSOAL DE TODAS AS SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA

RESUMO DA REUNIÓN DOS DELEGADOS E DELEGADOS DE PERSOAL DE TODAS AS SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA



Ás 15 horas do 30 de agosto de 2007 xuntámonos todos os Delegados e Delegadas das distintas seccións sindicais para analizar a xuntanza mantida coa Consellería do Medio Rural.


Todos coincidimos na necesidade de seguir mantendo a postura de unidade que vimos mantendo ata agora para poder obter algún resultado positivo. Ningún de nós quedou tranquilo coas palabras de Alberte Souto (Secretario Xeral) pero o certo é que deixou a porta aberta para un posible diálogo máis adiante (a partir do 15 de setembro) cando teñan máis datos.


Ante esta situación, proponse a realización dunha Asemblea de todos os traballadores de TRAGSEGA Galicia para falar das posibles mobilizacións que se poderían realizar no caso de que non se fixera esa segunda convocatoria de setembro, tan esperada por todos.


Os medios de comunicación serán convocados para que deixen constancia de cántos traballadores e traballadoras nos podemos ver afectados polas decisións da Consellería de Medio Rural e para que lembren que non nos tranquilizaron as súas palabras e que seguimos moi preocupados polo noso futuro laboral.

Ler máis...

30/8/07

XUNTANZA ENTRE AS TRES SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA GALICIA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XUNTANZA ENTRE AS TRES SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA GALICIA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL




O 30 de agosto de 2007 tivemos unha reunión con Alberte Souto, Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural, todas as seccións sindicais de TRAGSEGA (CIG, CCOO e UXT).


Alberte Souto falounos de lexislación, de garantías sanitarias, de seguridade agroalimentaria e de SEAGA, S.A..Todo isto vai a implicar un cambio na súa folla de ruta, que evidentemente vai producir un impacto que deben de estudar e avaliar. A Consellería deixou claro a súa postura, aberta ao diálogo cos traballadores e traballadoras de Tragsega.


Os delegados e delegadas de persoal das distintas seccións sindicais fixémoslle todo tipo de preguntas sobre os nosos postos de traballo (con diferentes categorías profesionais, relacións contractuais e situación a partir do 30 de setembro) pero as respostas non foron concretas, en ningún dos termos cuestionados. Alberte Souto dixo que estaban en espera de obter datos por parte de Tragsega para poder analizar a situación. Afirmou tamén que non estaban a negociar con ninguén e que actualmente están tendo contactos con todos os colectivos relacionados co tema, aínda que “con uns máis que cos outros”.


O único compromiso que adquiriu nesta xuntanza é o de volver a convocarnos a partir do 15 de setembro a outra reunión na que xa pode ter analizada a situación (nada decidido irrevogablemente) e se poida falar do posible impacto que pode producir os cambios que poida ter pensado realizar a Consellería.

Ler máis...

Nova no xornal "El País" (30/08/07)

Temor sindical por los puestos de 271 veterinarios de Tragsa

Ler máis...

29/8/07

XUNTANZA DOS DELEGADOS E DELEGADAS DA SECCIÓN SINDICAL CIG COA DELEGADA AURONÓMICA DO GRUPO TRAGSA: Mª LUISA GRAÑA BARCIA

XUNTANZA DOS DELEGADOS E DELEGADAS DA SECCIÓN SINDICAL CIG COA DELEGADA AURONÓMICA DO GRUPO TRAGSA: Mª LUISA GRAÑA BARCIA




O día 29 de agosto de 2007, Mª Luísa Graña confirma unha vez máis a decisión da Consellería de Medio Rural de non contar con TRAGSEGA para os Encargo de Certificación e CIAG no próximo ano 2008. Estes traballos pasará a facelos a empresa publica de carácter autonómico SEAGA. Ante a pregunta de qué vai pasar cos traballadores e traballadores da nosa empresa,... a resposta non foi nada concreta. A Consellería quere realizar o servizo veterinarios con outros colectivos, co persoal procedente de Sentencias do Tribunal Constitucional e cos Identificadores.


No mes de xuño de 2007 houbo unha reunión da Dirección do grupo TRAGSA, cos Secretarios Xerais das Consellerías coas que teñen unha relacións contractuais (Pesca, Medio Ambiente e Medio Rural) e se lle propón a incorporación de cláusulas de subrogación nos pregos dos Encargos. A resposta obtida foi favorable por parte de todas as Consellerías. Tendo isto en conta, é máis difícil de entender que agora a Consellería non fale da totalidade dos traballadores e traballadoras de Tragsega cando fala dos Encargos de Certificación e CIAG.


Actualmente, o único que solicitou a Consellería de Medio Rural da Empresa foi unha estatística por antigüidade dos traballadores. A día 29/08/07, a Delegada confirma que o número de traballadores afectados rolda os 120-140.


A Empresa entende que os traballadores contratos por Tragsega deberían ir relacionados coas Actividade e cos Encargos, e desde esa perspectiva van seguir traballando e negociando coa Consellería. Mostran a súa preocupación pola nosa situación e confían en que todo esta problemática aínda teña unha solución. Acordan con nós que chegado o caso, as negociacións deberían ser entre a Administración, a Empresa e os Traballadores e Traballadoras de Tragsega.

Ler máis...

28/8/07

CONFIRMACIÓN DE XUNTANZA COA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

A Consellería de Medio Rural convocou telefonicamente, hoxe -martes 28 de agosto-, aos/ás delegados/as de persoal de Tragsega para o xoves 30 de agosto ás 13 horas na sala de xuntas desta Consellería, para manter a agardada xuntanza solicitada.

Na tarde do xoves 30, os comités provinciais de A Coruña, Lugo e Pontevedra convocan aos traballadores e traballadoras de Tragsega a Asambleas, nos seguintes lugares e horarios:

SANTIAGO DE COMPOSTELA. Centro Empresarial do Polígono do Tambre, 18.00 horas.
LUGO. Salón de actos do Edificio de Sindicatos na Ronda da Muralla 58, 19.00 horas.
PONTEVEDRA. Colexio de veterinarios, C/ Echegaray, 10-2º esquerda, 18.30 horas.

Ler máis...

27/8/07

Solicitude de Xuntanza con Medio Rural

Estimados compañeiros e compañeiras,

Comunicámosvos as últimas novas, respecto da evolución das últimas solicitudes de negociacións.
O día 13 de agosto, as tres seccións sindicais de Tragsega (CIG, CCOO e UGT) solicitaron unha reunión co Conselleiro de Medio Rural (Alfredo Suárez Canal) para o día 23 de agosto para solicitar confirmación das novas sobre SEAGA. O mércores 22 de agosto, os responsables das tres seccións sindicais recibiron unha chamada telefónica para informarlles de que os responsables da Consellería non os podían recibir por problemas de axenda e que durante a semana do 27 de agosto recibirían outra chamada para ser convocados á xuntanza solicitada. De momento os delegados sindicais non teñen convocatoria confirmada.


Sen máis, agradecervos de antemán a vosa atención e seguiremos informándovos.

Ler máis...

10/8/07

NOTA DE PRENSA TRAGSEGA, S.A,




As seccións sindicais CIG, CCOO e UGT da empresa TRAGSEGA, S.A. (Sanidad Animal y Servicios Ganaderos, S.A.), empresa filial do GRUPO TRAGSA e na que actualmente están empregados cerca de 400 traballadores e traballadoras, pola presente, quere denunciar as actuacións que actualmente está a realizar a Consellería do Medio Rural, da Xunta de Galicia, coa creación e provisión de empregados da empresa SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.), para asumir proxectos que dende hai seis anos levan realizando os empregados e empregadas de TRAGSEGA e aos que agora, a Consellería pretende ignorar.


TRAGSEGA, S.A., empresa pública de ámbito estatal, por medio dos seus veterinarios, persoal técnico e administrativo vén realizando en Galicia desde o ano 2002, con calidade contrastada, obrigatorias labores para o fomento da
sanidade animal e a prevención de enfermidades do gando galego.


A pesar da eficiencia, a calidade, a experiencia coñecida e os dereitos laborais adquiridos polos traballadores e traballadoras de TRAGSEGA, a Consellería do Medio Rural, vén de crear outra empresa pública galega ao servizo da Administración, con igual obxecto social que as empresas que conforman o GRUPO TRAGSA: TRAGSA, TRAGSEGA e TRAGSATEC
.




No primeiro trimestre
deste ano 2007, SEAGA comezou a realizar procesos de selección de persoal, para a provisión de persoal eventual e fixo de varios ámbitos profesionais para a coordinación e desenvolvementos dos traballos de prevención e extinción dos lumes forestais , e a continuación pretende integrar todos os proxectos de gandería que actualmente realizan os traballadores e traballadoras de Tragsega.


A Consellería de Medio Rural acaba de confirmar a retirada da encomenda da realización de varias actividades de servizos gandeiros a TRAGSEGA, para pasar a ser SEAGA quen realice tales ENCARGOS, sen mencionar cal vai ser o futuro do total do persoal, tanto do indefinido como do eventual.


Durante seis anos empregados e empregadas de TRAGSEGA foron contratados para realizar uns traballos solicitados directamente pola Administración. Actualmente non poderán volver ser contratados por TRAGSEGA posto que xa non será esta empresa pública senón a outra, sen ningunha experiencia no campo dos servizos gandeiros: SEAGA, a que pasará a asumir eses traballos. É sabido que a día de hoxe Medio Rural mantén relación directa con outros colectivos para negociar a forma de incorporarse a SEAGA, pero en ningún momento houbo ningún tipo de información aos representantes dos traballadores e traballadoras de Tragsega, a pesar de coñecer a preocupación e situación laboral, deste colectivo desde hai meses.


Todo o persoal de TRAGSEGA esixe información e responsabilidades por parte da Consellería do Medio Rural acerca das súas pretensións con SEAGA, e do futuro dos postos de traballo dos empregados e empregadas experimentados de TRAGSEGA, que neste momento non lles pode asegurar ningún posto de traballo sen o compromiso da propia Consellería, e do que se deriva unha situación laboral de indefensión total.


O traspaso destes traballos relacionados coas actividades veterinarias, desde TRAGSEGA a SEAGA está a facerse de costas aos comités de empresa e sen ter en conta a experiencia e relacións contractuais dos traballadores e traballadoras con TRAGSEGA.


Así pois, os empregados e empregadas de TRAGSEGA, por medio da súa representación das SECCIÓNS SINDICAIS da CIG, CCOO e UGT, denuncia estas inxustizas laborais, solicitan da Consellería de Medio Rural, explicacións inmediatas ao respecto, e negociación das formas na que está a facer o transvase de encomendas dunha empresa pública experta á outra creada para eliminar a esta primeira.







Ler máis...

19/7/07

Calendario laboral para o ano 2008 na Comunidade Autónoma de Galicia

Festivos locales publicados no DOGA Nº 211


Diario Oficial de Galicia
luns, 6 de agosto de 2007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog: 151
Páxina do Dog: 13.332
Data da Disposición: 19 de xullo de 2007
Sección: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo: CONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango: Decreto
Título: Decreto 152/2007, do 19 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2008 na Comunidade Autónoma de Galicia.



Decreto 152/2007, do 19 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2008 na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, determinan o calendario de festas laborais de ámbito estatal, de carácter retribuído e non recuperable. Respecto dalgunhas das festas de ámbito estatal, as comunidades autónomas teñen facultades de opción ou substitución por outras que por tradición lles sexan propias.

Facendo uso destas facultades, na nosa comunidade autónoma, e ao coincidir en domingo o 6 de xaneiro, Día de Reis, e o 12 de outubro, Día da Hispanidade, considérase oportuno substituír o descanso laboral correspondente ás devanditas festividades incorporando á relación de festas da nosa comunidade autónoma, para o ano 2008, o 19 de marzo, San Xosé, e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, que pola súa significación xa foron implantadas como festas laborais noutras ocasións, seguindo, deste xeito, o criterio de festas laborais para conmemorar todo o que forma parte da nosa tradición, historia e cultura.

En virtude do establecido na Constitución española e no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia, asumidas e asignadas polo Decreto 117/1982, do 5 de outubro, oído O Consello Galego de Relacións Laborais, por proposta do conselleiro de Traballo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, levada a cabo na súa reunión do día dezanove de xullo de dous mil sete,

DISPOÑO
Artigo 1º
Conforme o establecido no artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, modificado polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, de non se producir modificación no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, serán as seguintes:

-1 de xaneiro: Aninovo.
-19 de marzo: San Xosé.
-20 de marzo: Xoves Santo.
-21 de marzo: Venres Santo.
-1 de maio: Festa do Traballo.
-17 de maio: Día das Letras Galegas.
-25 de xullo: Santiago Apóstolo. Día Nacional de Galicia.
-15 de agosto: Asunción.
-1 de novembro: Todos os Santos.
-6 de decembro: Día da Constitución.
-8 de decembro: Inmaculada.
-25 de decembro: Nadal.
As festas mencionadas terán carácter retribuído e non recuperable.
Artigo 2º
Conforme o disposto no artigo 37.2º do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, que serán determinadas polo delegado da Consellería de Traballo en cada unha das provincias da comunidade autónoma, por proposta do Pleno dos respectivos concellos, e se publicarán nos boletíns oficiais de cada provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3º
De acordo co que dispón o artigo 48.7º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as festas laborais sinaladas no artigo 1º terán o carácter de días inhábiles para os efectos do cómputo de prazos.

Disposición derradeira
Este decreto producirá efectos desde o día un de xaneiro do ano dous mil oito.
Santiago de Compostela, dezanove de xullo de dous mil sete.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
Ricardo Jacinto Varela Sánchez
Conselleiro de Traballo

© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdoga @xunta.es


Ler máis...

12/7/07

Comite Seguridad y Salud

Acorde á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, e tras a solicitude expresa dun asesor do sindicato UGT, ás actas expostas neste blog, ocultáronselle os nomes, apelidos e sinaturas dos asistentes ás xuntanzas.







Ler máis...

22/6/07

COMUNICADO DE PRENSA 20/06/08



A Sección Sindical da CIG e CCOO en Tragsega queremos amosar a nosa preocupación pola situación de inseguridade laboral que vive o colectivo de traballadores e traballadoras que se dedican á execución dos plans de loita, control, prevención e erradicación de enfermidades do gando, con dependencia na Consellería de Medio Rural.


Trátase dun colectivo de en torno a 400 traballadores e traballadoras, entre técnicos veterinarios, veterinarios de campo, técnicos de laboratorio e persoal administrativo, onde apenas o 28% conta cun contrato indefinido. Lembremos que a UE emprega para definir unha situación de precariedade empresarial, entre outros parámetros, a existencia do 35% de temporalidade, cando no noso caso estamos a falar de máis do 70%. Destacamos tamén neste sentido que recentemente a Xunta de Galicia asinou un Pacto polo Emprego no que se pretende fomentar o emprego estábel. Non entendendo como se lle pode pedir a unha empresa privada que asine contratos fixos cando na Administración fomenta a temporalidade que estamos denunciando.


A profesionalidade, a preparación e a dedicación esixidas aos traballadores, non se corresponden coa compensación de temporalidade, eventualidade e precariedade que esta situación supón a un colectivo que non pode, por exemplo, solicitar unha hipoteca para unha vivenda, dado que non conta coa seguridade de manter o seu posto de traballo o ano seguinte. Colectivo cualificado que traballa en precario sen saber se o noso contrato rematará no mes de xullo, setembro ou no mes de decembro e esta situación alárgase xa moitos anos. É posíbel mesmo que exista unha situación de fraude de lei no 80% destes contratos temporais.


Existe ademais a preocupación polo que poda pasar en 2008. Coa reforma laboral na man moitas e moitos traballadores terían que ser indefinidos o día 1 de Xaneiro e sen embargo, pode ser, que precisamente por iso, non volvan a ser contratadas para deixar pasar uns meses antes de facerlles o novo contrato e perder este dereito.


Así pois, queremos chamar a atención sobre esta situación na que se vive e traballa diariamente. Dependendo dunha banda da Consellería de Medio Rural e traballando directamente para TRAGSEGA, empresa do Grupo TRAGSA, atopámonos nunha situación de indefensión e falla de información permanentes. A isto únese que a Consellería de Medio Rural ten manifestado ás centrais sindicais que coa creación da empresa pública SEAGA esta asumiría no futuro a prestación de servizos en materia gandeira. Non sabemos, pois non se nos comunicou nada por ningunha das partes, cal vai ser a situación do noso colectivo nese caso.


Solicitamos pois, información, supresión do continuado ocultismo e un posicionamento claro por parte da Consellería de Medio Rural e de Tragsega, sobre o noso futuro laboral. Así mesmo, demandamos unhas condicións dignas que nos permitan vivir do noso traballo sen a preocupación permanente na que nos atopamos na actualidade.



SECCIÓN SINDICAL DA CIG

SECCIÓN SINDICAL DE CCOO 20/06/08

Ler máis...

20/6/07

ACTAS DAS REUNIÓNS ENTRE OS COMITÉS DE EMPRESA PROVINCIAIS DE TRAGSEGA E A DIRECCIÓN DA EMPRESA

Acorde á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, e tras a solicitude expresa dun asesor do sindicato UGT, ás actas expostas neste blog, ocultáronselle os nomes, apelidos e sinaturas dos asistentes ás xuntanzas.

Ler máis...

2/6/07

Dous novos delegados de persoal da CIG en TRAGSEGA Lugo

Dous novos delegados de persoal da CIG en TRAGSEGA Lugo, foron designados tras as eleccións sindicais do día 30 do maio do 2007


Noraboa a estes dous novos compañeiros:

Jaime Ríos Rodríguez e Ana Mª Taboada García

Ler máis...

10/5/07

COMUNICADO CON INFORMACIÓN SOBRE O DEREITO DE PATERNIDADE TRAS A PUBLICACIÓN DA LEI ORGÁNICA 3/2007 PARA A IGUALDADE EFECTIVA DE MULLERES E HOMES.

Lembrambos a nova Lei Orgánica 3/2007, para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes (BOE de 23/03/2007)

pola cal se crea a figura da "Suspensión do Contrato de Traballo por Paternidade":

Artigo 48 bis. Suspensión do contrato de traballo por paternidade.

Nos supostos de nacemento de fillo, adopción ou acollemento de acordo co artigo 45.1.d) desta Lei, o traballador terá dereito á suspensión do contrato durante trece días ininterrompidos, ampliables no suposto de parto, adopción ou acollemento múltiples en dous días máis por cada fillo a partir do segundo. Esta suspensión é independente do goce compartido dos períodos de descanso por maternidade regulados no artigo 48.4.

No suposto de parto, a suspensión corresponde en exclusiva ao outro proxenitor. Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito corresponderá só a un dos proxenitores, a elección dos interesados; non obstante, cando o período de descanso regulado no artigo 48.4 sexa gozado na súa totalidade por un dos proxenitores, o dereito á suspensión por paternidade poderá ser exercido polo outro.

O traballador que exerza este dereito poderá facelo o durante o período comprendido desde a finalización do permiso por nacemento de fillo, previsto legal ou convencionalmente, ou desde a resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ata que finalice a suspensión do contrato regulada no artigo 48.4 ou inmediatamente despois da finalización de dita suspensión.

A suspensión do contrato a que se refire este artigo poderá gozarse en réxime de xornada completa ou en réxime de xornada parcial dun mínimo do 50 por 100, previo acordo entre o empresario e o traballador, e conforme se determine regularamentariamente.

O traballador deberá comunicar ao empresario, coa debida antelación, o exercicio deste dereito nos termos estabelecidos, no seu caso, nos convenios colectivos.

Paralelamente foi modificada a Lei Xeral da Seguranza Social, para crear unha nova "Prestación Económica da Seguranza Social por Paternidade":

Artigo 133 octies. Situación protexida.

A efectos da prestación por paternidade, consideraranse situacións protexidas o nacemento de fillo, a adopción e o acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, de conformidade co Código Civil ou as leis civís das Comunidades Autónomas que o regulen, sempre que, neste último caso, a súa duración non sexa inferior a un ano, e aínda que ditos acollementos sexan provisionais, durante o período de suspensión que, por tales situacións, se goce de acordo co previsto no artigo 48. bis do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, ou durante o período de permiso que se goce, nos mesmos supostos, de acordo co disposto na letra a) do artigo 30.1 da Lei 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para a reforma da Función Pública.

Artigo 133 nonies. Beneficiarios.
Serán beneficiarios do subsidio por paternidade os traballadores por conta allea que gocen do suspensión referida no artigo anterior, sempre que, reunindo a condición xeral esixida no artigo 124.1, acrediten un período mínimo de cotización de 180 días, dentro dos sete anos inmediatamente anteriores á data de inicio de dita suspensión, ou, alternativamente, 360 días á longa da súa vida laboral con anterioridade á mencionada data, e reúnan as demais condicións que se determinen.

Artigo 133 decies. Prestación económica.
A prestación económica por paternidade consistirá nun subsidio que se determinará na forma estabelecida polo artigo 133 quater para a prestación por maternidade, e poderá ser denegada, anulada ou suspendida polas mesmas causas establecidas para esta última."

RESUMINDO:

Os traballadores que exerzan o seu dereito ao Suspensión do Contrato por Paternidade, percibirán unha Prestación Económica da Seguridade Social consistente nun subsidio do 100 por 100 da Base Reguladora correspondente. A tales efectos, a Base Reguladora será equivalente á que estea establecida para a prestación de incapacidade temporal, derivada de continxencias comúns.

Ler máis...

Eleccions Sindicais na provincia de Lugo

O Vindeiro 20 de Maio vanse celebrar as eleccións sindicais na provincia de Lugo xa que polo número de traballadores que somos en plantilla correspóndenos escoller catro delegados e delegadas mais que formarán parte do Comité de Empresa Lugo.
O noso programa electoral coa nosas propostas.
Temos a necesidade de facer valer os nosos dereitos como traballadores e traballadoras de TRAGSEGA.
Axudanos co teu voto.

Ler máis...

24/3/07

VANTAXES SOCIAIS PUBLICADAS NA INTRANET DO GRUPO TRAGSA

CIG INFORMA




VANTAXES SOCIAIS PUBLICADAS NA INTRANET DO GRUPO TRAGSA




Na intranet de Tragsa podedes informarvos dos convenios subscritos entre o GRUPO TRAGSA e diferentes empresas de ámbito estatal (bancos, axencias de viaxes, seguros médicos privados, ...)


As máis importantes vixentes neste ano 2007 son:


  • BANCO OPENBANK

  • BANCO BARCLAYS

  • CAJA NAVARRA

  • BANCO DEUTSCHE BANK

  • BANCO BBVA

  • BANCO UNO-E

  • HOTELES ENTREMARES, S.A.

  • HOTELES SOL MELIÁ

  • HALCÓN VIAJES EMPRESAS

  • APARATOS ELECTRÓNICOS SONY

  • EQUIPOS INFORMÁTICOS DELL

  • SERVICIO MÉDICO PRIVADO ASISA




Para contactar cos encargados de xestionar estas vantaxes sociais, podedes escribir un correo electrónico:

secretaria_general@tragsa.es



Ou chamar ao seguinte número de teléfono:


913 963 575


Ler máis...

12/2/07

ACORDOS SECCIÓNS SINDICAIS

Acorde á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, e tras a solicitude expresa dun asesor do sindicato UGT, ás actas expostas neste blog, ocultáronselle os nomes, apelidos e sinaturas dos asistentes ás xuntanzas.

Ler máis...