25/10/07

COMUNICADO

A día de hoxe, xoves, 25 de outubro de 2007, a Dirección da Empresa en Tragsega Galicia, convocou aos Presidentes dos Comités Provinciais para informarlles dos acordos aos que chegaron coa Consellería de Medio Rural:

1.- Debido á desaparición dos certificados, e tendo en conta que a maior parte das chamadas xestionadas polo Centro de Información ó Agro Galego (CIAG) son chamadas relacionadas cos traballos de identificación, este proxecto pasará a depender da empresa pública SEAGA, a partir de xaneiro de 2008.
a) O persoal indefinido do CIAG vai a ser emprazada en calquera outro posto de traballo pertencente ao Grupo Tragsa.
b) O persoal eventual finalizará a súa relación contractual con Tragsega o 31/12/07.
c) A Consellería de Medio Rural comprometeuse a ter en conta a experiencia deste persoal neste servizo para a futura convocatoria de prazas de SEAGA

2.- Respecto aos veterinarios/as de campo:
a) A Consellería garante a continuidade para os traballadores/as indefinidos/as ata o 31/12/07.
b) O persoal eventual finalizará o seu contrato o día 9 de novembro de 2007. A Empresa comezará mañá a facer entrega dos avisos previos.

3.- A campaña de saneamento de 2008 será realizada en 12 meses.

4.- A Empresa manifesta que ten intención de formar unha bolsa de contratación para traballadores que quedan sen contrato. Ao longo de 2008 chamarase ao persoal incluído nesta bolsa para cubrir necesidades puntuais (vacacións, baixas,..)

Ler máis...

10/10/07

ILUSTRE COLEGIO DE VETERINARIOS DE PONTEVEDRA

Publica na sua paxina as instrucións provisionais de certificacion

1.- Dada a posibilidade de que poidan existir certas dificultades para a interpretación de algúns aspectos contemplados no modelo de declaración publicado, e ademais para buscar un formato que facilite a súa comprensión, as Consellarías de Sanidade e de Medio Rural estableceron con carácter de urxencia un grupo de traballo que se reunirá inmediatamente e no que se consensuará, respectando a información contida na Orde, o texto definitivo do modelo de declaración a utilizar en Galicia, aclarando tamén certos aspectos da información a transmitir que non parecen que estean aínda totalmente definidos, e concretando por outra banda a sistemática de actuación definitiva.


2.- En tanto non se obteñan as conclusións definitivas do grupo de traballo creado, actuarase deste xeito:


- A Dirección Xeral de Saúde Pública comunicará aos Servizos Veterinarios Oficiais dos matadoiros que durante un período transitorio, aínda por determinar, e ata nova instrución, admitirase a chegada aos matadoiros de animais acompañados coa documentación que establecía o Real Decreto 3454/2000 anteriormente á publicación da Orde mencionada (declaración do titular e autorización sanitaria do veterinario). Así mesmo, admitirase igualmente a entrada aos matadoiros de animais acompañados do modelo de declaración normalizada publicado na dita Orde PRE/2893/2007.


- Os veterinarios da empresa Tragsega que participaban, a través dunha encomenda da Consellaría do Medio Rural, no sistema público de expedicións de autorizacións sanitarias, continuarán transitoriamente e durante un período por determinar, visitando as explotacións que continúen a transmitir os avisos de certificación ao CIAG. Nas ditas explotacións, e para axustarse xa ao establecido na Orde publicada, os veterinarios colaborarán co gandeiro na cobertura do modelo de declaración publicado no BOE, e explicarán aos titulares a nova sistemática de actuación.


3.- Unha vez definido o modelo a utilizar e a sistemática de actuación, a Consellaría do Medio Rural iniciará unha campaña de difusión, mediante a realización de charlas, para dar a coñecer o novo modelo de declaración, explicando a sistemática para a súa cobertura.


Deberá informarse de xeito inmediato dos aspectos mencionados a todos os Servizos Veterinarios Oficiais, que polo momento se resumen, ata nova instrución, en dous puntos:


- Provisionalmente admitiranse nos matadoiros animais acompañados tanto do modelo de declaración publicado, como da documentación que se expedía anteriormente (declaración do titular e autorización sanitaria).


- Provisionalmente seguirase a prestar apoio ás explotacións por parte da empresa Tragsega, neste caso para a cobertura do modelo de declaración publicado.

Ler máis...

Novas do certificado veterinario

Ler máis...

Tragsa se lleva varapalo judicial


24 de julio de 2007.
CCOO de Castilla-La Mancha ha ganado una sentencia interpuesta contra TRAGSA, que obliga a la empresa a devolver a los trabajadores las cantidades que les había descontado de las nóminas por el disfrute de vacaciones en febrero de este año.

Ler máis...

6/10/07

COMUNICADO

O 6 de outubro foi publicado no BOE num. 240 a ORDEN PRE/2893/2007, de 5 de octubre, por la que se modifica el anexo XI del Real Decreto 3454/2000, de 22 de diciembre, por el que se establece y regula el Programa Integral coordinado de vigilancia y control de las encefalopatías espongiformes transmisibles de los animales.


A Dirección da empresa púxose en contacto cun representante de cada sección sindical en Tragsega – Galicia, o venres día 5 de outubro, para informarnos sobre a situación actual.


Comentaron que mantiveran unha reunión con Medio Rural o xoves día 4 de outubro na que acordaron manter o cadro de persoal de vacacións durante unha media de 15 días nos que a empresa faría distintas propostas a Medio Rural que se refiren a distintos proxectos que se levan a cabo noutras comunidades autónomas e que poderían ser viables aquí, de tal maneira que se intentaría manter os postos de traballo ata que finalice o ano.


Os días libres que nos queren dar son as que corresponden ós días que nos quedan por gozar dos 22 días laborables de vacacións anuais, máis os 4 días os que temos dereito da quenda de Nadal, máis os 2 días que a empresa regalou ós traballadores polo 30 aniversario do Grupo Tragsa.


A CIG preguntou que pasaría se Medio Rural non acepta as propostas da empresa e a delegada do Grupo Tragsa en Galicia ( Mª Luisa Graña) respostou que hai alternativas pero que non nos adiantaba cales eran.


Esta foi a “reunión informativa” que mantivemos coa empresa. A día de hoxe non temos mais información que a que vedes aquí. Quedaron de convocar ós Comités o luns pero os delegados de momento non sabemos nada.


Se o luns pola mañá non imos traballar convocaremos Asembleas nas provincias para analizar a situación .

Ler máis...