3/9/07

NOTA DE PRENSA DO COMITE DE EMPRESA DE TRAGSEGA-LUGO E DAS SECCIONS SINDICAIS DE CIG, CCOO E UGT

Lugo, 3 de setembro de 2007.


A empresa de sanidade animal e servizos gandeiros TRAGSEGA é unha empresa pública estatal, filial do grupo TRAGSA. Levamos dende o ano 2002 facendo campañas de saneamento gandeiro. Esta asistencia técnica faise por adxudicación directa a través da Consellería de Medio Rural, adxudicación que se renova anualmente.

Neste momento Tragsega-Galicia conta cun plantel de 370 persoas, das cales 260 son veterinarios/as, en labores de saneamento gandeiro, certificación, etc. e o resto son auxiliares administrativos/as, centro de atención telefónica (CIAG), persoal de gravación e persoal de laboratorio.

A Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Medio Rural, decidiu encargarlle a unha nova empresa pública galega (SEAGA) parte das encomendas que viña facendo TRAGSEGA no ámbito da Sanidade Animal. Esta decisión, tomada de costas ós traballadores e traballadoras e ás súas representacións sindicais, provoca preocupación máxima no persoal que dende hai tempo vimos desempeñando, con criterios de calidade recoñecida, as funcións de certificación, saneamento animal, servizos de información do agro galego e laboratorio pecuario.

Esta decisión política está provocando que máis de 350 traballadores en Galicia, 140 na provincia de Lugo, teñamos o noso futuro incerto xa que a metade do cadro de persoal acábaselle o contrato de obra o 30 de setembro e non saben se poderán traballar no ano 2008.

O pasado 30 de agosto, as tres seccións sindicais de Tragsega (CIG, CCOO e UGT) mantivemos unha reunión co Secretario Xeral da Consellería de Medio Rural, Alberte Souto, da que só quitamos o compromiso verbal de darnos unha proposta por escrito na segunda quincena de setembro para explicarnos polo miúdo os proxectos da Consellería a este respecto.
Segunda parte do texto

A raiz de varias asambleas de traballadores, que se realizaron nas catro provincias galegas no pasado mes de agosto , nas que houbo unha afluencia masiva do persoal da empresa, decidiuse convocar a totalidade dos traballadores de TRAGSEGA en Galicia a unha asamblea xeral, que tera lugar o dia 5 de setembro en Santiago de Compostela e na que se debatirán as medidas a tomar para facerlle chegar a Xunta de Galicia a nosa inquietude pola situación de incertidume laboral na que nos atopamos.
Segunda parte do texto

No hay comentarios: