10/12/08

FIN DAS NEGOCIACIONS DO ACORDO MARCO

O día 2 de decembro de 2008 remataron as negociacións entre a Empresa e as distintas Seccións sindicais que configuraban a Mesa Negociadora.
A CIG non asinou dito acordo por consideralo insuficiente e inaceptable, sobre todo no que se refire a Estabilidade laboral. Acordouse un plan de actuación para mellorar a estabilidade durante o 2009 e o 2010 co cal ao finalizar cada un dos anos indicados o nº de traballadores con contrato indefinido se incrementará no resultante de aplicar un 2 % ao emprego medio total do exercicio inmediatamente anterior. Isto está moi lonxe dos nosos obxectivos, e ademais tendo en conta que no ano 2007 e 2008 temos 0 indefinidos en Galicia, tanto ten un 2 % coma un 1 % coma un 10 %, porque polo visto para nos non toca nada.
No capítulo III do Acordo Marco: “Clasificación profesional”, defínense os postos de traballo de Técnicos e de Auxiliares de laboratorio, entre outros. Aos Técnicos se lle esixe unha titulación de Técnico Superior na especialidade de Sanidade ou Laboratorio, ou asimilado, pero o seu nivel salarial será o 6º do noso Convenio Colectivo e a partir do 2011 asimilarase ao 5º (un menos!). Actualmente este posto ocúpase por licenciados de nivel salarial 1. Aos Auxiliares de laboratorio os deixan no nivel 8 e a partir de 2010 soben ao 7, cando actualmente atópanse encadrados no nivel 5.
Iso si, o incremento salarial orixinado polo cambio de nivel quedará suxeito á absorción total ou parcial do Complemento Persoal Absorbible, non regulado no Convenio Colectivo. E dicir, o salario aumentaría pero o líquido a percibir vai quedar igual ou moi parecido pois desaparece o Complemento Personal. Benvida a mellora prevista no Acordo Marco!!!
No artigo 11 do Texto, que fala de “Situacións de emerxencia”, vemos como a Empresa pode decidir cando ten unha Emerxencia, e polo tanto o exceso de Xornada non se computará a efectos del límite máximo de horas extraordinarias establecidas legalmente.
Se falamos de “Dietas y Medias Dietas” (art. 13), lemos como a Tragsega se nos aplica o establecido no Convenio Colectivo, mentres que a Tragsatec (co noso mesmo convenio), goza de melloras, que non nos recoñecen a nós.
En canto aos dereitos dos Representantes dos traballadores, constitúese o Comité Intercentros, como único órgano lexitimado para a Negociación Colectiva contradicindo o que di o noso Convenio colectivo, e buscando o que levan tratando facer desde hai dous anos: eliminar a representatividade da Sección sindical CIG e abrindo un diálogo bilateral entre UGT e a Empresa.
Resumindo, consideramos que o Acordo Marco queda moi lonxe das nosas pretensións, polo que seguiremos coa porta aberta para seguir negociando outras condicións mellores para os traballadores e traballadoras desta Empresa, que pasa por un aumento de estabilidade xa.

No hay comentarios: