10/10/07

ILUSTRE COLEGIO DE VETERINARIOS DE PONTEVEDRA

Publica na sua paxina as instrucións provisionais de certificacion

1.- Dada a posibilidade de que poidan existir certas dificultades para a interpretación de algúns aspectos contemplados no modelo de declaración publicado, e ademais para buscar un formato que facilite a súa comprensión, as Consellarías de Sanidade e de Medio Rural estableceron con carácter de urxencia un grupo de traballo que se reunirá inmediatamente e no que se consensuará, respectando a información contida na Orde, o texto definitivo do modelo de declaración a utilizar en Galicia, aclarando tamén certos aspectos da información a transmitir que non parecen que estean aínda totalmente definidos, e concretando por outra banda a sistemática de actuación definitiva.


2.- En tanto non se obteñan as conclusións definitivas do grupo de traballo creado, actuarase deste xeito:


- A Dirección Xeral de Saúde Pública comunicará aos Servizos Veterinarios Oficiais dos matadoiros que durante un período transitorio, aínda por determinar, e ata nova instrución, admitirase a chegada aos matadoiros de animais acompañados coa documentación que establecía o Real Decreto 3454/2000 anteriormente á publicación da Orde mencionada (declaración do titular e autorización sanitaria do veterinario). Así mesmo, admitirase igualmente a entrada aos matadoiros de animais acompañados do modelo de declaración normalizada publicado na dita Orde PRE/2893/2007.


- Os veterinarios da empresa Tragsega que participaban, a través dunha encomenda da Consellaría do Medio Rural, no sistema público de expedicións de autorizacións sanitarias, continuarán transitoriamente e durante un período por determinar, visitando as explotacións que continúen a transmitir os avisos de certificación ao CIAG. Nas ditas explotacións, e para axustarse xa ao establecido na Orde publicada, os veterinarios colaborarán co gandeiro na cobertura do modelo de declaración publicado no BOE, e explicarán aos titulares a nova sistemática de actuación.


3.- Unha vez definido o modelo a utilizar e a sistemática de actuación, a Consellaría do Medio Rural iniciará unha campaña de difusión, mediante a realización de charlas, para dar a coñecer o novo modelo de declaración, explicando a sistemática para a súa cobertura.


Deberá informarse de xeito inmediato dos aspectos mencionados a todos os Servizos Veterinarios Oficiais, que polo momento se resumen, ata nova instrución, en dous puntos:


- Provisionalmente admitiranse nos matadoiros animais acompañados tanto do modelo de declaración publicado, como da documentación que se expedía anteriormente (declaración do titular e autorización sanitaria).


- Provisionalmente seguirase a prestar apoio ás explotacións por parte da empresa Tragsega, neste caso para a cobertura do modelo de declaración publicado.

No hay comentarios: