6/10/07

COMUNICADO

O 6 de outubro foi publicado no BOE num. 240 a ORDEN PRE/2893/2007, de 5 de octubre, por la que se modifica el anexo XI del Real Decreto 3454/2000, de 22 de diciembre, por el que se establece y regula el Programa Integral coordinado de vigilancia y control de las encefalopatías espongiformes transmisibles de los animales.


A Dirección da empresa púxose en contacto cun representante de cada sección sindical en Tragsega – Galicia, o venres día 5 de outubro, para informarnos sobre a situación actual.


Comentaron que mantiveran unha reunión con Medio Rural o xoves día 4 de outubro na que acordaron manter o cadro de persoal de vacacións durante unha media de 15 días nos que a empresa faría distintas propostas a Medio Rural que se refiren a distintos proxectos que se levan a cabo noutras comunidades autónomas e que poderían ser viables aquí, de tal maneira que se intentaría manter os postos de traballo ata que finalice o ano.


Os días libres que nos queren dar son as que corresponden ós días que nos quedan por gozar dos 22 días laborables de vacacións anuais, máis os 4 días os que temos dereito da quenda de Nadal, máis os 2 días que a empresa regalou ós traballadores polo 30 aniversario do Grupo Tragsa.


A CIG preguntou que pasaría se Medio Rural non acepta as propostas da empresa e a delegada do Grupo Tragsa en Galicia ( Mª Luisa Graña) respostou que hai alternativas pero que non nos adiantaba cales eran.


Esta foi a “reunión informativa” que mantivemos coa empresa. A día de hoxe non temos mais información que a que vedes aquí. Quedaron de convocar ós Comités o luns pero os delegados de momento non sabemos nada.


Se o luns pola mañá non imos traballar convocaremos Asembleas nas provincias para analizar a situación .

No hay comentarios: