Os delegados e delegadas da sección sindical CIG TRAGSEGA, estamos traballando na confirmación oficial, por escrito, do alargamento da Campaña de Saneamento Gandeiro ata 12 meses, para o vindeiro ano 2008.
Consideramos que isto é un avance en termos de estabilidade laboral, pero trae consigo moitos aspectos preocupantes, como son a carga de traballo, a mobilidade xeográfica... Se engadimos que a Dirección da Empresa xa nos adiantou que habería unha redución do persoal debido a un recorte orzamentario por parte da Consellería de Medio Rural, e tendo en conta que en 2008 non haberá certificados, pódese concluír que os 76 veterinarios/as indefinidos/as que actualmente están traballando en Tragsega, máis uns poucos eventuais (a Empresa non adianta ningunha cifra) farán a próxima campaña no transcurso de 11 ou 12 meses, ao mesmo ritmo ou incluso cunha carga de traballo superior á do ano 2007.
Por todo isto, convocaremos Asembleas de traballadores/as proximamente, para analizar o noso futuro, e decidir entre todos/as como queremos que sexa este.
Por outra banda seguimos de preto as convocatorias de selección de persoal que está a publicar SEAGA (www.epseaga.com) e que poden afectar ao noso cadro de persoal. Como é sabido, o C.I.A.G. pasará a esta empresa o ano que vén e hai traballadores e traballadoras eventuais pendentes deste tema.
16/11/07
COMUNICADO
ás
14:16
Etiquetas: Comunicados
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario