30/11/07

CONVOCATORIA SEAGA

Como sabedes, onte día 29 de novembro publicouse a convocatoria e bases específicas para a selección de persoal de SEAGA, nas categorías de licenciados veterinarios e de operadores codificadores.

Nas bases para veterinarios, dentro de Perfís profesionais, aparece o de saneamento gandeiro e/ou alertas sanitarias. Debido a esta sorpresa, puxémonos en contacto coa Consellería de Medio Rural e admiten que esta é unha convocatoria xenérica e que a Consellería non vai variar as bases para próximas convocatorias, e por iso, aínda que agora SEAGA non vai activar o Saneamento nin as Alertas Sanitarias, o día que o fagan, acudirán a esas listas para a contratación do persoal preciso.

Igualmente, informámosvos de que a Sección Sindical CIG vai a manter unha xuntanza proximamente cos responsables da Consellería de Medio Rural, para falar deste tema e doutros que sexan do noso interese.


No hay comentarios: