9/1/08

ARTIMAÑAS CONTRACTUAIS DE TRAGSEGA E DO GRUPO TRAGSA PARA BURLAR A LEXISLACIÓN LABORAL VIXENTE

Como ben sabedes o obxectivo empresarial deste ano para Tragsega, é realizar a campaña de saneamento de 2008 durante 11 meses e 15 días, sen asinar ningún contrato indefinido, sen mellorar as condicións sociolaborais do persoal contratado e tratando de acadar o maior beneficio posíbel a costa dos seus traballadores.

Desde este punto de partida, queremos informarvos das acerca do que pensamos sobre posíbeis estratexias que poden ser artimañas empresariais para evitar asinar contratos indefinidos ou realizar conversión de contratos temporais en indefinidos (Lede o Art. 12, Lei 43/2006). A Empresa para evitar cumprir o Real Decreto, realiza contratos de interinidade (que non computan a efectos da suma total dos 24 meses dentro dun período de 30), contratación noutras Provincias ou Comunidades, coa que poden argumentar que a contratación é para un posto de traballo distinto e tampouco sumarían para o cómputo, prorrogar contratos temporais (para evitar chegar ao período de 30 meses), negociar “a neveira”, comprometéndose co persoal a realizarlles contratos temporais tras pasar o período suficiente que evite subscribir un contrato indefinido.
Así pois, instámosvos a que revisedes as vosas situacións particulares e que nos consultedes se as vosas contratacións están actualmente, ou se pretenden realizar, en fraude de lei; ou transmitídenos calquera outra dúbida. Lembrade o noso enderezo electrónico: cigtragsega@gmail.com

No hay comentarios: