3/4/08

ACTUALIDADE DO ACORDO MARCO. Acta nº 4 de 6 de marzo de 2008

















A sección sindical da CIG infórmavos que levamos máis dun mes participando na Mesa Negociadora dun Acordo Marco para Tragsega (documento legal froito da negociación colectiva para establecer melloras laborais que se adecúen á realidade da Empresa), e as negociacións van lentas e non moi seguras.
Por un lado a Empresa non quere soltar máis do que xa lle deu ultimamente a Tragsatec; e polo outro lado a UGT, vai sempre en contra do que a CIG e CCOO opinen, tentando impoñer a súa postura sempre por riba dos demais, incluso ás veces contradicindo o que eles mesmos propuxeron noutras reunións, descualificándonos e acusándonos de entorpecer este proceso negociador, cando non é certo.
Somos os primeiros interesados en que este Acordo Marco vaia adiante, sempre que se trate de melloras reais para os traballadores.
Na CIG, estabamos de acordo en asinar as melloras concedidas a Tragsatec en maio e setembro de 2007 como propuña a Empresa (e seguir pelexando posteriormente), pero foi a UGT, quen esperando dicir aos traballadores que conseguiu máis que CCOO en Tragsatec, se negou a subscribir tales melloras que hoxe xa poderiamos estar gozando.
Resumindo: avánzase pouco, tan pouco, que a propia Dirección da Empresa opina que hai temas aos que se lle pode dar firma e aplicación inmediata sen esperar á firma final do Acordo Marco (temas relacionados coa xornada laboral anual, co día festivo da Empresa, cos días de asuntos propios,…). Menos mal que o UGT non puxo trabas esta vez, e aceptou, a pesar de que tiña que obter o consenso con nós e con CCOO.
Así pois, parece que se acerca o ano en que os traballadores e traballadoras de Tragsega, entre outros dereitos, podamos gozar do 15 de maio libre, como xa se viña facendo nas outras dúas Empresas do Grupo.

ACTA Nº 4 DE 6 DE MARZO DE 2008, DA MESA NEGOCIADORA PARA O ACORDO MARCO DE TRAGSEGA



Acorde á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal, e tras a solicitude expresa dun asesor do sindicato UGT, ás actas expostas neste blog, ocultáronselle os nomes, apelidos e sinaturas dos asistentes ás xuntanzas.



No hay comentarios: