4/4/08

XV Convenio de Empresas de Enxeñería e Oficinas de Estudos Técnicos

NOVO CONVENIO DE VIXENCIA 2007-2009, PENDENTE DE PUBLICACIÓN NO B.O.E.

O 11 marzo de 2008, Comfía-CCOO E FES-UXT asinaron coa patronal Tecniberia, o texto definitivo do XV Convenio Colectivo do sector, que unha vez rexistrado na Dirección Xeral do Traballo entrará en vigor a partir da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).

A vixencia do convenio é de tres anos: para o pasado 2007, o presente 2008, e terminará a súa vixencia o 31 de decembro de 2009. Os aspectos máis relevantes do convenio, son os seguintes:

Subida Salarial: 4,2% en 2007, con carácter retroactivo desde 1 de xaneiro, o 3,2% desde 1 de xaneiro de 2008 e 2,8% en 2009. Unha cláusula de revisión para estes dous últimos anos con actualización de táboas ao IPC real se fose superior e xeración de atrasos desde o mes no que a inflación supere a subida inicial.


TÁBOAS SALARIAIS:

----------ANO 2007---------------------ANO 2008-------
NIVEL----Mesx14€------ANUAL--------Mesx14€-------ANUAL €
--1------1.544,34-----21.620,89-----1.593,77-----22.312,75
--2------1.147,18-----16.060,59-----1.183,89-----16.574,56
--3------1.106,21-----15.487,00-----1.141,61-----15.982,58
--4------1.014,19-----14.198,69-----1.046,64-----14.653,05
--5-------886,36------12.409,04-------914,72-----12.806,13
--6-------763,63------10.690,79-------788,06-----11.032,90
--7-------738,02------10.332,34-------761,64-----10.662,97
--8-------686,92-------9.616,91-------708,90------9.924,65
--9-------639,20-------8.948,78-------659,65------9.235,14
--10-----432,65-------6.057,11-------457,64-------6.406,91

ANO 2007
Plus Convenio 1.931,29
Dietas Día 49 €
Dieta Comida 10 €
ANO 2008
Plus Convenio 1.993,09
Dietas Día 48 €
Kilometraxe 0,19 €/km.

Xornada: Redución de xornada anual en catro horas a partir de 1 de xaneiro de 2008, establecéndose en 1806. O día 24 de decembro, será festivo para todos os efectos, e non será recuperable. Xornada flexible: Recomendación de negociación mediante acordo colectivo nas empresas con indicación de bandas de entrada, saída e comida; e tempo de permanencia mínimo. Isto impide na práctica que a impoña a empresa.

Incorporación da intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario de parentes con dous días de permiso retribuído.

Clasificación Profesional: Promoción dos Auxiliares Técnicos a nivel 8 (antes nivel 10). Encadrar aos Oficiais Técnicos de 1ª no nivel 5 e aos de 2ª no nivel 6. (Antes non estaban). Reactivación da Comisión e seguimos discutindo a clasificación profesional.

Conciliación da vida familiar e laboral e igualdade de oportunidades: As empresas realizarán esforzos tendentes a lograr a igualdade de oportunidades en todas as súas políticas, en particular, a igualdade de xénero, adoptando medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre homes e mulleres. Lactación: A nai terá a opción de elixir a hora de redución diaria ou a acumulación en dúas semanas despois do permiso de maternidade.
Recomendación expresa ás empresas da aplicación íntegra do Acordo Marco Europeo sobre acoso e violencia no lugar de traballo.

Como vedes, tras unha longa e enquistada negociación, os dous sindicatos maioritarios do Estado só conseguiron asinar estas mínimas melloras para o sector. Agardamos pois á publicación do BOE para que sexan actualizados os nosos salarios e abonados os atrasos de 2007 e 2008.

Podedes consultar o texto completo do novo convenio de Enxeñerías aquí

No hay comentarios: