19/6/08

ACTUACIÓNS REALIZADAS POLO PRESIDENTE DO COMITÉ DE EMPRESA DE TRAGSEGA EN LUGO QUE FORON OBXECTO DE DENUNCIA


Unha veterinaria vén de presentar en data 30 de abril de 2008, unha denuncia diante das Consellerías de Presidencia (competente en materia de Función Pública) e de Sanidade, contra un traballador veterinario en activo de TRAGSEGA, o Presidente do Comité de Empresa de Lugo, por tomar posesión dunha praza de Inspector veterinario oficial no matadoiro de NOVAFRIGSA ese mesmo día, ao abeiro do Decreto 37/2006, polo que se rexen as listas de substitucións para matadoiros na Xunta.


Para poder optar a devandita praza, o Presidente do Comité de Empresa de Tragsega en Lugo asinou un documento oficial no que declara non estar incurso en ningún suposto de incompatibilidade para poder exercer ese traballo. Isto non é posible á vista da comunicación subscrita pola Secretaría Provincial da Consellería de Sanidade (documento achegado).


Para poder facer esta tarefa de Inspector, dito veterinario ademais, temémonos que empregou crédito horario sindical, os días 24 de marzo e 2 de maio de 2008.

Esta actuación irregular supón ascender postos nas listas na que tamén están veterinarios/as en situación de desemprego, ademais de obter maior puntuación que compañeiros/as de Tragsega para os mesmos procesos de selección da Administración.