2/6/08

NOVAS CONTRATACIÓNS EN TRAGSEGA

A Dirección da Empresa comunicou o día 29 de maio de 2008 aos Comités Provinciais, un novo proxecto que lle vai ser encomendado a Tragsega.

Esta parece ser a resposta que a Ministra de Agricultura (Elena Espinosa) dá ás nosas reivindicacións, cando a principios de ano pediamos unha solución para os traballadores/as que deixaban de ser contratados para evitar facelos fixos no cadro de persoal da Empresa. A súa resposta foi, que se trataba de veterinarios que quedaron sen contrato porque se eliminou o certificado veterinario. Parece que a Ministra nunca chegou a decatarse demasiado ben da realidade que lle expuñamos.

De todas formas, como non hai que ser desagradecidos,... parécenos óptimo que agora se contrate a xente que levaba 6 anos facendo eses traballos para a Administración (por medio de Tragsega) e que quedaron na rúa sen máis.

Tragsega ofrece traballo para matadoiros: 15 postos para toda a Comunidade galega. Benvidos sexan!.

De todos os xeitos, non esquecemos que son contratos por obra e servizo, con remuneracións segundo Convenio (non “por riba de Convenio” como ata o de agora) e que e que non porán a disposición dos/as traballadores/as vehículo de Empresa.

Finalmente lembramos que o efecto neveira segue existindo, e para iso non nos dan ningunha solución.

No hay comentarios: