25/7/08

ACUERDO MARCO

Seguen as negociacións coa Dirección da Empresa, pero cada día amósanse máis “atascadas”.


Falouse de Seguridade e Saúde no Traballo. Practicamente a proposta da Empresa era a que xa tiña consensuada previamente con UGT, polo que o debate foi máis ou menos rápido. O problema xurdíu cando tomou a palabra a CIG . Plantexamos que a formación dun “Comité Intercentros de Seguridade e Saúde” non está recollida no Convenio de Enxeñerías, e que, en todo caso, non nos negariamos á súa creación pero si á composición da mesma cun único representante por Autonomía. Consideramos que ten que garantirse a representación de todas as Seccións Sindicais existentes. A cousa quedou aí e non insistimos máis no tema. CCOO tivo a mesma postura que a CIG. Ao final a Empresa e a UGT firmaron o preacordo de Seguridade e SaÚde sen o noso apoio e obviando os nosos argumentos.


Tamén se falou de Formación, chegándose a un preacordo por todas as partes, acerca da formación a todos/as os/as traballadores/as e creando una Comisión de Formación, para o seguimento da impartición da mesma.


Por fin, a Empresa fixo a súa proposta de Estabilidade laboral. Explicou unha serie de razóns polas que a súa proposta neste senso, non cubre as expectativas que nós tiñamos. Hai que ter en conta que a Empresa alcanzou un acordo con Tragsatec polo que chegarían a un 49-51 % de estabilidade nos vindeiros 5 anos. Os argumentos empresariais ao respecto:


*Tragsatec y Tragsega son empresas diferentes pois en Tragsega o 80% da producción vén das Comunidades autónomas onde están proliferando as empresas públicas autonómicas e por tanto quedándose Tragsega sen encargos.

*A empresa empeza a ter problemas co persoal de plantilla para reubicar ó persoal indefinido naquelas comunidades onde se quedan sen encargo (ex. Castilla y León) .

* Do ano pasado a éste baixaron 5.000.000 de euros nos ingresos .


PROPOSTA EMPRESARIAL:

Baseándose nos datos de decembro de 2007 : 1.878 persoas de empleo medio

547 indefinidos

1.331 eventuales

29,13% de indefinidos

A proposta da empresa, respecto das porcentaxes de indefinidos é chegar a:

33% en 2008 ; 35% en 2009 ; 37% en 2010 ; 39% en 2011 ; e 41% en 2012.

A Empresa dixo que a prudencia como xestores públicos lles obligaba a ter esta cautela, que os criterios a seguir para facer indefinidos son: antigüidade, valoración técnica e Real Decreto (obriga legal para a conversión de contratos eventuais en indefinidos), e que a distribución por zonas xeográficas non está estudiada.


Tamén se nos entregou a información sobre os traballadores/as que pasaron a plantilla fixa dende o 1 de xaneiro hasta o 1 de xullo deste ano, distribuídas por Comunidades Autónomas.


Este ano fixeron 54 fixos, (teñen pensado facer hasta73):


Sede Madrid 34
C
astilla La Mancha 2
Castilla León 1
Valencia 1
Extremadura 6
Madrid 4
Galicia 0

Preguntóuselles sobre cómo se está procedendo cos contratos dos traballadores/as que están cumplindo os requisitos da Lei 43/2006 e se estes/as traballadores/as estarían incluidos/as nas porcentaxes de indefinidos/as que nos presentou a Empresa na súa proposta. A Empresa manifesta que se está cumplindo a Lei, non obstante, a Dirección creou unha Comisión para evaluación e estudo destas situacións. En relación á segunda pregunta, a Empresa manifesta que as transformacións das contratacións por cumplimento da Lei 43/2006 si que están incluídas nestas porcentaxes.


Os/as representantes dos/as traballadores/as manifestamos que as porcentaxes ofrecidas están moi lonxe das nosas expectativas, pero ademáis non comprendemos que dentro das porcentaxes ofrecidas se inclúan as transformacións que se deben realizar para cumprir a Lei, estas porcentaxes deberían estar fóra, e non ser materia de negociación.


Nas seguintes reunións falouse de Asuntos Sociais, Representación Sindical e da Comisión de seguimento do acordo marco. Todo se basea na formación de un “Comité Intercentros” (co que se pretende eliminar a representatividade e forza da CIG) e polo tanto non se chega a ningún acordo. Por outro lado a Empresa non quere falar de retribucións, nin de reclasificacións profesionais.


E decir, chegado este punto vemos que non se avanza na negociación; en definitiva un diáologo previamente pactado da UGT coa Dirección da Empresa (UGT falou nun comezo da esixencia dun 80% de indefinidos e rebaixou a 60% e agora nin replica ante a proposta da Empresa do 35%) e preocúpase máis por temas tales como a
xestión dunha Conta do Fondo Social ou do número de horas sindicias que se van conceder a maiores para os membros do Comité Intercentros).


O que temos conseguido a día de hoxe son as melloras que se firmaron o ano pasado entre a Empresa e Tragsatec sobre Xornada e Permisos retribuídos. Melloras estas, que xa podíamos ter asinado o ano pasado, pero a UGT empeñouse en facer esta Mesa Negociadora para un Acordo Marco que avanza lonxe dos termos que desexariamos. A única finalidade, concluímos que é formar comités intercentros para negociar todas as materiasen, e poder así facer e desfacer ao seu gusto, sen ter que dar contas a ninguén.


A CIG seguimos pensando que o prioritario é a estabilidade laboral tan escasa na nosa Empresa e en Galicia, e tamén reclamamos as reclasificacións profesionais do persoal non veterinario, e por ese camiño seguiremos traballando.


Para que queremos un Acordo Marco que nos quita representatividades, e que nos ofrece un 35 % de estabilidade ( con 0 traballadores fixos en Galicia)? A empresa fala de responsabilidade social con este tema, e nos falamos da “Neveira”, posto que deixar aos/ás traballadores/as na rúa e sen dereitos, non é nada responsable por parte dunha Empresa Pública sen ánimo de lucro.