12/9/08

Medio Rural incumpre, O noso traballo está no aire

Ao longo do mes de agosto, despois de coñecer que o persoal contratado como Identificador por SEAGA realizaría o traballo das certificacións, estivemos en contacto permanente con Medio Rural, mantendo varias reunións con responsables da Xunta.


Como medida para defender os nosos postos de traballo presentamos recurso ante a decisión de SEAGA. Entendemos que están contratando persoal para certificacións sen abrir o perfil i en contra do acordado coa representación sindical de TRAGSEGA.


Por parte da Consellería argumentouse que a campaña de certificación está no aire, sen que se coñeza a súa duración, polo que foi encomendada a SEAGA. Tamén que como contrapartida TRAGSEGA levaría a campaña da lingua azul.


Insistiron que calquera medida a medio prazo que poda tomarse, que afecte ao persoal de TRAGSEGA, se realizaría tendo en conta a representación sindical. Algo que non fixeron co CIAG nin coas certificacións.


Pero é mais, polas bases coñecemos que entre as funcións que terán os identificadores contratados por SEAGA figura a seroloxía dos animais obxeto de movementos pecuarios.


SEAGA vai collendo corpo e xa conta cun cada día maior núcleo de veterinarios si finalmente se crean os veterinarios de territorio, que pasará co persoal de TRAGSEGA?. A palabra da Consellería de Medio Rural é papel mollado.


Chegados a este punto semella claro que Medio Rural incumpriu os compromisos adquiridos: certificación, o CIAG e parte do proxecto do Plan de Control de vacinación da Lingua Azul realizase en SEAGA. Polo que debemos preocuparnos seriamente polo noso futuro.


Moitos compañeiros e compañeiras están apostando por SEAGA deixando os seus postos de traballo en TRAGSEGA. Cada día perdemos forza mentres Medio Rural continúa dando pasos sen asumir un compromiso de recolocación, subrogación ou como lle queiran chamar.


En definitiva debemos fiarnos da palabra de Medio Rural, ou valorar os seus feitos?

No hay comentarios: