31/8/07

RESUMO DA REUNIÓN DOS DELEGADOS E DELEGADOS DE PERSOAL DE TODAS AS SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA

RESUMO DA REUNIÓN DOS DELEGADOS E DELEGADOS DE PERSOAL DE TODAS AS SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA



Ás 15 horas do 30 de agosto de 2007 xuntámonos todos os Delegados e Delegadas das distintas seccións sindicais para analizar a xuntanza mantida coa Consellería do Medio Rural.


Todos coincidimos na necesidade de seguir mantendo a postura de unidade que vimos mantendo ata agora para poder obter algún resultado positivo. Ningún de nós quedou tranquilo coas palabras de Alberte Souto (Secretario Xeral) pero o certo é que deixou a porta aberta para un posible diálogo máis adiante (a partir do 15 de setembro) cando teñan máis datos.


Ante esta situación, proponse a realización dunha Asemblea de todos os traballadores de TRAGSEGA Galicia para falar das posibles mobilizacións que se poderían realizar no caso de que non se fixera esa segunda convocatoria de setembro, tan esperada por todos.


Os medios de comunicación serán convocados para que deixen constancia de cántos traballadores e traballadoras nos podemos ver afectados polas decisións da Consellería de Medio Rural e para que lembren que non nos tranquilizaron as súas palabras e que seguimos moi preocupados polo noso futuro laboral.

No hay comentarios: