30/8/07

XUNTANZA ENTRE AS TRES SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA GALICIA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XUNTANZA ENTRE AS TRES SECCIÓNS SINDICAIS DE TRAGSEGA GALICIA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL




O 30 de agosto de 2007 tivemos unha reunión con Alberte Souto, Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural, todas as seccións sindicais de TRAGSEGA (CIG, CCOO e UXT).


Alberte Souto falounos de lexislación, de garantías sanitarias, de seguridade agroalimentaria e de SEAGA, S.A..Todo isto vai a implicar un cambio na súa folla de ruta, que evidentemente vai producir un impacto que deben de estudar e avaliar. A Consellería deixou claro a súa postura, aberta ao diálogo cos traballadores e traballadoras de Tragsega.


Os delegados e delegadas de persoal das distintas seccións sindicais fixémoslle todo tipo de preguntas sobre os nosos postos de traballo (con diferentes categorías profesionais, relacións contractuais e situación a partir do 30 de setembro) pero as respostas non foron concretas, en ningún dos termos cuestionados. Alberte Souto dixo que estaban en espera de obter datos por parte de Tragsega para poder analizar a situación. Afirmou tamén que non estaban a negociar con ninguén e que actualmente están tendo contactos con todos os colectivos relacionados co tema, aínda que “con uns máis que cos outros”.


O único compromiso que adquiriu nesta xuntanza é o de volver a convocarnos a partir do 15 de setembro a outra reunión na que xa pode ter analizada a situación (nada decidido irrevogablemente) e se poida falar do posible impacto que pode producir os cambios que poida ter pensado realizar a Consellería.

No hay comentarios: