29/8/08

COMITÉ DE EMPRESA DE PONTEVEDRA CIG

A sección sindical da CIG entende que ante a situación de aumento de carga de traballo por motivos excepcionais e pola falta de veterinarios para contratar, existe unha necesidade por parte da Empresa de requerir ao persoal actual que, voluntariamente, traballe os sábados a maiores da xornada laboral das 40 horas, remunerándoas coma horas extraordinarias.


Nós só xustificamos este uso de horas extraordinarias como causa excepcional ante esta situación de necesidade de persoal veterinario.


Non estamos de acordo coas remuneracións ofertadas aos traballadores por esas horas extraordinarias, entendemos que deben adecuarse ao labor requerido, un traballo de esforzo no que os riscos laborais son elevados. Queremos facer saber á Empresa que despois de falar co persoal a maioría coincide en que o importe da remuneración das horas extraordinarias é escaso e debe replantexarse o importe das horas, equiparar as dietas ás de Tragsa, e revisar a cifra de fixos en Galicia que non pode ser 0.


Todos estos acordos deben facerse por escrito para que non suceda o acontecido no ano 2002 coas retribucións prometidas ao persoal por traballar as horas extraordinarias, que finalmente foron inferiores ás ofrecidas.


En canto á promesa ao persoal eventual de facerlles unha prórroga do contrato que continúe ata decembro do 2009, entendemos que debe ir acompañada dun compromiso de estabilidade laboral, e facer indefinidos aquí en Galicia, e todo facelo por escrito para que non suceda o mesmo que en xaneiro de 2008, cando se incumpliu o compromiso da empresa de non facer a “neveira” e contratar ao persoal en xaneiro independentemente de que pola lei de estabilidade laboral tiveran que facerlles contrato indefinido.


Lamentamos que a situación faga moi difícil acadar os compromisos coa Consellería de Medio Rural pero debemos facer un traballo digno, seguro e de calidade.


Algúns compañeiros/as xa recibiron o reparto do traballo para a semana do primeiro de setembro e nos parece que a carga de traballo non se reduxo demasiado. En calquera caso, non abandonaremos o noso posto de traballo pero informaremos das horas extraordinarias que fagamos e solicitaremos á Empresa que se compensen. Faremos unha plantilla detallada do traballo realizado e as horas que nos leva. Os traballadores non estamos dispostos a traballar máis das 40 horas semanais de luns a venres e tomaremos as medidas de seguridade laboral que consideremos oportunas, deixaremos de vacinar aos animáis que non estean ben inmovilizados, non poremos en risco a nosa integridade.


No caso de que se excedan as horas da xornada e a empresa non as compense non dubidaremos en denuncialo a Inspeción de traballo.


Finalmente, consideramos que debido aos cambios da situación e o aumento da carga de traballo a empresa debe considerar un novo plantexamento para as negociacións do Acuerdo Marco en Madrid en canto ás cifras estabilidade laboral, retribucións e clasificación profesional.




Registro de horas excedentes

No hay comentarios: