22/8/08

A CONSELLERIA DE MEDIO RURAL FALA CON NOS

Os delegados sindicais da Cig-Tragsega puxémonos en contacto coa Consellería de Medio Rural para tratar o tema da rehabilitación das actividades de certificación, tras a suspensión cautelar da Orde Ministerial de 5 de outubro de 2007, que anulaba o certificado veterinario. Unha vez máis existe unha situación de desacougo entre o persoal polas implicacións que poda ter esta resolución e a nosa intención foi aclaralas de primeira man coa Consellería.

Dende a Consellería confirman que os traballos de certificación vainos facer Seaga, e o persoal encargado van ser os identificadores. De feito recurriron aos candidatos incluídos na lista previa na categoría de Licenciado en veterinaria, para identificación e rexistro de gando, e como quedaron sen candidatos neste perfl, se acude á lista previa para a cobertura de vacantes existentes.

Nos entendemos que neste perfil en ningún punto se fala de certificación polo que estamos estudiando a posible ilegalidade desta selección e contratación de veterinaros.

Por outra banda, Medio Rural nos comunica a decisión de encargarlle a Tragsega a vacinación de lingua azul. Esto supón un volumen alto de emprego para a nosa empresa de aquí a finais de ano e posiblemente ao largo do ano que ven,

Esperemos que esto sirva para que en Madrid nos teñan en conta para aumentar a porcentaxe de fixos de Tragsega-Galicia, pois recordemos que este ano, aquí, o número de indefinidos foi 0.



No hay comentarios: