28/8/08

RESUMO DA DERRADEIRA XUNTANZA COA EMPRESA

LENGUA AZUL


A empresa recibe a encomenda de Medio Rural de realizar as campañas de vacinación de Lengua azul, empezarase o 1 de Setembro e remata o antes posible, intentarase acabar para o 31 de Decembro.

Retrasaronse en comunicalo aos Comités porque aínda lles quedaban temas por concretar.

O persoal eventual que está saneando agora se lle prolongará o contrato ata finais de Decembro do 2009 porque aseguran que a campaña de saneamento do 2009 a fará Tragsega.

Se vacinarán todos os animais maiores de 3 meses, e revacunaranse en 4 ou 5 semanas. Tamén se farán traballos de desinsectar animais, camiones de transporte e explotacións.


A empresa ten previsto contratar a 100 veterinarios para desempeñar estas labores, xa teñen contratadas a 90 máis ou menos, e pretenden chegar a contratar a 150, pero non encontran máis personal.


A maioría do persoal novo dedicarase a vacinar da lingua azul pero outros van sanear e facer equipo cos veteranos co cal o nº de equipos saneando se duplica. A empresa recorda que non quere que se traballe máis das 40 horas semanales e reducirase a carga de traballo de saneamento para cumplilas.


Empezarase con maior persoal na provincia de Lugo por estar lindando con Asturias, e despóis ese persoal se trasladará a outras provincias.


Os equipos de saneamento vacinarán aos animais das explotacións que se sanean, aínda non está claro como se repartirá ese traballo, entre os días de pinchado e lectura.

A empresa non encontra persoal suficiente e ofrece a posibilidade aos traballadores de traballar voluntariamente tamén o sabado, realizando vacinaciones. Se retribuirá cada sábado con 120 € brutos, e se traballan todolos sábados ata fináis de Decembro(14 sábados) se incremente cunha cantidade de 500€ que pagarán a fináis de ano.Se pagarán dietas os sábados.


O turno de Nadal e o día 26 ( o deben por non ter máis de 3 festivos locáis este ano), se desfrutarán en Xaneiro de 2009.(recollido no Acuerdo Marco).


Este plan non é unha Alerta sanitaria senon unha vacinación preventiva.


Quen queira disfrutar as vacacións que lle quedan poderá facelo pero a empresa suxire que sería mellor para acadar os plazos de finalización pasar a disfrutalas en Xaneiro do 2009.


O traballo de papeleo se incrementará: ademáis da vacinación subcutáneo no gando ovino caprino e vacuno ,hai que sellar o DIB dos animáis vacinados, o libro de tratamiento no caso das ovellas, e colocar un crotal azul aos ovino- caprino sen identificacion oficial que se vacinen.


No hay comentarios: